- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 22 Outubro 2009 22 Outubro 2009
Un derby camariñán entre obras

Pedra de granito do máximo nivel é o material empregado para o peche perimetral do campo camariñán
Pois xa había anos que non se presentaba un derby municipal co Camariñas como líder en solitario da Segunda División Autonómica. Esto fai que o clásico deste domingo se presente como do máximo interese e por elo camarinas.eu decidío personarse no escenario do duelo entre dous clubs históricos da Liga da Costa e atopouse cunhas obras de Peche Perimetral de Estadio Hermanas Patiño que avanzan a todo trapo. Obra comprendida no Plan especial de iluminación e outros complementos nos campos de fútbol municipais de herba artificial e por elo cofinanciada entre a Deputación Provincial e o Concello, foi adxudicada a Construcciones Pedro Bermúdez Mouzo en 111.306,51 euros e sen dúbidas suporá unha mellora estética bastante pronunciada respecto ao destartalado muro de contención existente ata o de agora. Fálase por ahí aínda dalgunha que outra posible mellora futura, o que fará que despois de tódalas inversións levadas a cabo o campo municipal camariñán sexa do máximo nivel. Agora só falta que o equipo local se faga merecedor de tan impresionante estadio. Polo de agora, está sendo así.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.