A mellor información do noso fútbol en Camarinas.eu

Juanillo regresa á web que el coa súa colaboración contribuío a situar como líder histórico da Costa da Morte
Juanillo regresa á web que el coa súa colaboración contribuío a situar como líder histórico da Costa da Morte

Alguén puido pensar que Juanillo abandonara camarinas.eu. Estaba claro que non coñecen ao Mago de Corea, un home fiel a uns colores e aunha forma de entender o xornalismo. O mellor xogador que dou en toda a súa historia a Costa da Morte volve e volve para implicarse moito máis se cabe na web da súa alma como redactor en xefe da sección de deportes a través dunha impresionante sección semanal na que ademáis de contarnos a xornada do actual equipo líder da Terceira División galega, o Cerceda, pasará revista ao realizado polos equipos do concello: o Camariñas e o Porteño. Tres crónicas  nas que a realidade deportiva dos nosos equipos será analizada pola mirada experta dun dos maiores coñecedores da actualidade do fútbol galego, un home que por méritos propios xa forma parte da historia futbolística de Galicia. Juanillo regresa ao seu fogar, Juanillo regresa a camarinas.eu.

CERCEDA 2-0 RAPIDO DE BOUZAS

Partido máis complicado do que reflexa o marcador, pois o histórico conxunto vigués do Rápido de Bouzas creounos moitos problemas no primer tempo e incluso chegou a rematar duas veces ó largueiro. Conseguímonos adiantar no marcador no primer tempo, despois dunha boa xogado do fisterrán Noé que pasoulle o balón a Felipe que só tuvo que empurralo para dentro da portería.

No segundo tempo controlamos o partido e non pasamos apuros, e nunha boa xogado do nixeriano Kelvin que cede de novo a Felipe que diante do porteiro consigue o segundo gol para o Cerceda e para a súa conta particular. Só destacar un susto que tiven no minuto 20 do segundo tempo debido a un corte de dixestión que me fixo caer ao chan e tuven que ser sustituido pero que non pasou máis alá que do susto pertinente. Tres puntiños de ouro que nos situan líderes en solitario por diante do Deportivo B e que nos fan afrontar a próxima salida a Cangas do Morrazo para xogar contra o Alondras con moita moral.

CARNOTA 1-2 CAMARIÑAS

Excelente o triunfo acadado polo Camariñas en terra carnotán diante dun equipo que foi dos que máis se reforzou da categoría. Os goles do equipo camariñán conseguíronos Ismael e Javi. O conxunto dirixido por Papi foi o claro dominador do partido e o resultado pudo ser máis amplio. Tres puntos que tras a derrota do Zas sitúan aos nosos como líderes en solitario neste comenzo de tempada na que o Camariñas está presentando as súas credenciales para estar nos postos de arriba. Os homes de Papi terán para a semana unha proba de fogo no gran derbi camariñán no que se enfrentarán ao Porteño de Pepucho.

PORTEÑO 1-5 MUROS

Engañoso o resultado tan abultado que conseguiu o Muros na súa visita a Ponte do Porto. O equipo de Pepucho non mereceu caer por tantos goles de diferencia nun encontro donde o mellor xogador do partido foi o porteiro Muradán.

A expulsión de Juan o Vello cando só ían 10 minutos de partido foi determinante, e pese a todo, o Porteño plantou cara e mereceu mellor sorte de non ser polos postes das porterías, pois en nada máis e nada menos que 5 veces remataron os homes de Pepucho ós paus, e non só iso, tamén fallaron un penalti cando o resultado era de 1-2 no marcador, e a partir do 1-3, cando Pepucho colocou 3 defensas para intentar a desesperada remontar o partido, o Muros, un conxunto chamado a estar entre os mellores rematou a contra con 2 goles máis.
Esperemos que a sorte acompañe ao bo futbol e ás moitas ocasións que está creando o Porteño porque por fútbol merecería estar mais arriba na taboa clasificatoria. Derbi de máxima rivalidade para a semana no campo Hermanas Patiño, na que o Camariñas de Papi tratará de seguir cá súa racha triunfal mentras que o Porteño de Pepucho que o ano pasado gañou os dous encontros de máxima rivalidade tratará de conseguir 3 puntos para subir posicións na tabla clasificatoria. Bo derbi que a xente de Camariñas e da Ponte do Porto non se debe perder e que falaremos del a vindeira semana.

Un saudo a tódolos usuarios de camarinas.eu

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 20/10/2009 21:28
asi juanillo todo un capeon recuperate e non tomes mas agua fria que emalo hola sofi que wapa estas te falta un diente e jaja y tu hermano esta wapo tambien viva sofia hole tu tia sefa y los pedros fuerteventura
Responder | Denunciar ante o administrador
jose de marta
0 # jose de marta 20/10/2009 23:03
Xa era hora de que contaras algo,eu xa pensei que se che olvidara escribir,cuidat e juanillo.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 20/10/2009 23:32
Animo Juanillo.Eu ben sei que tí non te olvidas de escribir.Cando no no fas cá man,falo co pé (como bo futbolista que es)
Un saudo
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador