Volcados por igual cos principais equipos camariñáns de fútbol e balonmán, esta semana a entrevista de Claves Deportivas está adicada ao entrenador do Club Balonmán Camariñas Tony García o cal achegouse polas oficinas centrais de camarinas.eu na tarde deste mércores 19 de setembro de 2007 e respondeu cordialmente ás inquisitivas preguntas que lle fixeron os redactores do principal diario on-line camariñán.

Datos persoais

  • Tony García
  • Nacido en: Carballo
  • Residencia: Actualmente reside en Malpica
  • Profesión: Axente de seguros en Carballo

Traxectoria deportiva

  • Xogador do Xiria de Carballo
  • Adestrador do Xiria (Dúas veces campeón de 2ª Nacional, un ascenso a 1ª Nacional)
  • Adestrador do Balonmán Carballo (Dúas veces campeón territorial e un ascenso a 2ª Nacional)

Entrevista a Tony García


Xa acabada a pretemporada, ¿como se afronta o primeiro partido?
Antes da liga xogaremos a copa contra o Rasoeiro do Grove e afrontarémolo como un partido máis de pretemporada. A verdade é que foi unha pretemporada complicada con falta de efectivos xa que tivemos tres baixas moi importantes: Jota, J. Ramón, Bruno.
Como bo coñecedor do balonmán galego, ¿Como ves ao Camariñas respecto dos demáis equipos?
O Camariñas ten unha das mellores canteiras do norte, ten xogadores con moita experiencia. Como mínimo o noso obxectivo é manterse na categoría, sempre que nos respecten as lesións. O problema é a falta de rapaces, xa que moitos deles non traballan no pobo ou están estudando fora. Só os venres podemos ter o equipo ao completo.
Entón, ¿a permanencia é un dos obxectivos esta temporada?
Sí, a metade de temporada, unha vez asegurada a permanencia poderemos mirar máis arriba. Non temos porque pecharnos portas.
¿Cales son os rivais máis fortes da categoría?
O Sar de Redondela, o Seis do Nadal de Vigo, o Xiria de Carballo e o Lavadores de Vigo creo que son os principais rivais a batir este ano.
¿Cales son as fichaxes desta temporada?
Afrontamos este ano sen fichaxes, xa que incorporar efectivos procedentes da Coruña ou de Carballo é moi difícil pola lexanía de Camariñas. Polo tanto fixarémonos moito nos xuveniles que adestrarán connosco.
¿Como ves o futuro do Club Balonmán Camariñas con respecto á súa canteira?
Hai que seguir a línea que se seguíu ata o de agora e incrementar o número de xogadores: Máis nenos, máis posibilidades. Desta canteira saíron grandes xogadores, senón ahí tes os exemplos de Ogando e Víctor Vigo.
No pobo de Camariñas existe certa polémica sobre a rivalidade entre o equipo de Balonmán e o equipo de fútbol, ¿quítalle xogadores un equipo ao outro ou viceversa?
En todos os lados pasa isto. Tódolos equipos dos máis diversos deportes queren atraer ao seu carón aos rapaces. Os pais poden presionar, tamén hai que ter en conta que o fútbol atrae moito, pero ao final é o neno quen decide. En esto pode pasar como nos estudos: o que inicia unha carreira e abandona o primeiro ano. Por iso, entendo que a implantación este ano da escola de fútbol municipal non ten que influir negativamente ao balonmán Camariñán, xa que a determinadas idades o neno ten claro o camiño que ten que seguir.

Temos unha das mellores canteiras do norte de Galicia - Tony García

¿Que pasa na Costa da Morte que só está o Balonmán Camariñas? ¿En Galicia, a tradición de balonmán non é máis propia das Rías Baixas?
A verdade é que a nivel de toda España a provincia de Pontevedra é un dos lugares onde o balonmán ten máis tradición e máis tirón: O Teucro, o Pilotes Posada, o Frigoríficos do Morrazo, etc.. aquí, a pouca tradición que houbo hai que mantela, e esto é moi difícil. Requírese moito traballo para aguantar estos equipos e o fútbol mantense por si solo. Eu recordo que fai vintecinco anos había máis tradición de balonmán e de baloncesto pero a atención que a televisitonyón e a prensa prestan ao fútbol arrinconan a estes dous deportes.
¿Dende a perspeciva que che permite o paso do tempo, ¿cal recordas como o peor momento da túa carreira?
Sen lugar a dúbidas, cando me retirei como xogador, foi unha decisión moi dura.
¿E o mellor?
O ascenso a primeira nacional en Carballo cun polideportivo repleto ante 1200 persoas.
Con respecto a outros equipo Camariñáns o de balonmán da a impresión de ter moita máis disciplina, máis orden, máis respeto. ¿Isto é así?
A disciplina eu creo que ven imposta en primeiro lugar polo propio xogo en sí ao ser máis ordenado, máis táctico; fóra do campo iso xa depende da persoa. Por outro lado hai que ter en conta que os árbitros son máis rigurosos e as sancións son máis duras que no fútbol.
O Club Balonmán Camariñas, ¿ademáis de formar xogadores pretende formar persoas?
No balonmán é esencial formar persoas, a disciplina deportiva, a motivación, o mellorar día a día, o traballo duro. O C.B. Camariñas é un grupo moi unido dentro e fóra do campo, un grupo de amigos.

Video de Tony García para os usuarios de camarinas.eu


Engadir un comentario