- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 04 Setembro 2009 04 Setembro 2009
Nace un novo club en Camariñas

Esta temporada 2009-2010 un equipo de balonmán femenino abrirase paso na competición galega
Sen ningunha experiencia previa nestes menesteres pero con moito ánimo e ilusión, un grupo de nais de Camariñas decidío este verán constituir un novo club no noso Concello: o Club de Balonman Femenino Encaixe de Camariñas formado polas antigas alumnas das Escolas Municipais de balonmán e dirixido por unha directiva formada íntegramente por mulleres que terá en Pilar Gómez Martín a súa 1ª e flamante Presidenta, a Rocío Vigo Gerpe como Secretaria e a Verónica Blanco López como Tesoureira. As súas intencións son participar dignamente nos campeonatos federados e así este sábado 5 de setembro xa disputan en Vigo o seu primer encontro da Copa Xunta Femenina contra o S.A.R. Dende esta redacción seguiremos atentamente esta ilusionante iniciativa que debería servir para que ca axuda financieira do empresariado local e das cuotas duns entusiastas socios un club deportivo saia adiante por si mesmo sen necesidade das axudas públicas. En camarinas.eu, nas nosas humildes e limitadas posibilidades, atoparán un apoio total. ¡¡ADELANTE, CHICASS!!

E para homenaxear esta nova iniciativa que se abre paso, aquí en camarinas.eu quixemos rescatar do noso archivo infinito no que a cada paso atopamos novas xoias gráficas, unhas imaxes dun partido que enfrontou un 22 de abril de 2006 á Escola de Balonman de camariñas contra o Ribeira e que no que xa participaban moitas das futuras integrantes do novo club femenino camariñán.
Comentarios
Un saúdo pa todas vos.
Antonio
Quero aclarar que este equipo do q falo xa non era aquel que nos seus prinsipios solo peleaba e que daban pena, sinon q xa quedaramos sejundas da provinsia da coruña e quero creer q nos ajuardaba un bo futuro.
Nin siquera podiamos entrenar co campo completo do pavellón.
Pos eso ánimos as rapasas e q Monchiño as entrene como a nos non nos deixaron
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.