3.3 1 1 1 1 1 Rating 3.30 (40 Votes)

Maratón de fútbol sala en Cures

O próximo fin de semana veremos como un novo maratón se disputa na comarca de Soneira
O próximo fin de semana veremos como un novo maratón se disputa na comarca de Soneira

Pois os nosos amigos do Pub Pincho da Ponte do Porto veñen de idear outra das súas iniciativas e así o próximo fin de semana, concretamente o sábado 29 e o domingo 30 de agosto organizarán na histórica pero un tanto destartalada pista polideportiva de Cures (Carnés) un maratón de fútbol sala que estará suculentamente dotado de premios pecuniarios. O prazo de inscripción acabará o xoves 27 e tras finalizar o torneo organizarase unhamultitudinaria churrascadano local de moda na vila porteña. Pulsa na imaxe para ler as bases do torneo que o próximo fin de semana encherá un recinto histórico para o deporte da comarca de Soneira.

Engadir un comentario