3.6626506024096 1 1 1 1 1 Rating 3.66 (83 Votes)

Os nosos regatistas premiados en Corcubión

Os camariñáns Helena, Carlos, Aníbal e Marcos estiveron entre os xoves premiados este venres en Corcubión
Os camariñáns Helena, Carlos, Aníbal e Marcos estiveron entre os xoves premiados este venres en Corcubión

Corren días intensos para o mundo da vela no Concello de Camariñas. Este domingo 9 de agosto cumprirá o CNC a súa maioría de idade, o xoves arrivaba a nosa vila a XI Volta Náutica a Galicia. O venres mañán o mesmísimo Alcalde e Tenente de Alcalde preséntanse no Club Náutico para despedir aos participantes e nunha lancha da organización acompañaban aos iates ata a entrada da Ría e no venres noite, en Corcubión, os nosos xoves regatistas eran premiados polos seus logros na Liga da Costa da Morte de Vela. E alí, ao lado dos nosos campeóns, como sempre camarinas.eu.

Despois de seguir intensamente as evolucións do competitivo equipo de regatas camariñán que representando ao noso concello e ao noso CNC cuaxou grandes actuacións ao longo da Liga da Costa da Morte de Vela esta primavera do 2009, camarinas.eu non podía deixar de estar presente na entrega de premios que tivo lugar na Casa de Cultura de Corcubión na noite do venres 7 de agosto ás 21:00 horas.

Nela participaron rapaces de Laxe, Corcubión, Finisterre e Camariñas. Aos nosos entregóuselle galardóns correspondentes ao segundo posto na clase Omega, embarcación que foi patroneada por Helena, con Carlos, Aníbal e Marcos de tripulantes, sendo o mesmísimo Presidente da Federación Galega de Vela o encargado de entregar a copa. Nesta importante labor colaboraron o Alcalde de Corcubión, o presidente do Club Náutico Carrumeiro, o presidente do náutico de Finisterre e a vocal do Club Náutico de Camariñas Mariluz Campaña Blanco. Entre o público asistente estaban representantes dos clubs náuticos (entre eles a nosa querida Amparo), tripulantes dos iates que participan na XI Volta a Galicia que na xornada do venres fixeron a travesía Camariñas-Corcubión e familiares dos rapaces premiados. Todos eles, tiveron como recompensa ao finalizar o acto de entrega de premios un suculento piscolabis cuia factura correrá a cargo do Concello de Corcubión.

Comentarios   

seran7989
0 # seran7989 08/08/2009 21:21
Felicidades os nosos regatistas,que teñades un futuro cheo de premios.
Responder | Denunciar ante o administrador
Juan Camariñan
0 # Juan Camariñan 08/08/2009 21:31
Non sen de ningun refran que sea incerto, e o que di que pa recoller tense que sementar antes e un dos mais certos,,,,por fin a concejalia de deportes camariñana empeza a sachar.-Enorabo a a todos rapaces e tamen a concejala e nautico pola iniciatiba.
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 08/08/2009 23:33
Tamen eu quero desearlle aos nosos regatistas,MUIT ISIMOS máis éxitos,que,de sejuro,vannos a consejir.
FELISIDADES.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 10/08/2009 22:09
Muitas felisidades por ese premio e po ano a por o primer posto.
Responder | Denunciar ante o administrador
xeromes
0 # xeromes 14/08/2009 23:28
É o momento de pedir maís, non nos conformemos co xa consegido. Toca esforzarse para que sexán maís os rapaces que poidan destacar neste deporte.
Felicidades pero non vos sentedes a descansar sodes vos os gañadores de hoxe os que tendes que axudar os gañadores de mañan.
Responder | Denunciar ante o administrador