- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 01 Xullo 2009 01 Xullo 2009
Camariñas, Capital do Bádminton
A través das crónicas que de forma continuada ven publicando dende hai máis de un ano camarinas.eu, as boas xentes do noso Concello xa sabían dos éxitos na práctica do difícil arte do bádminton dunha Nerea López Lijó que este último fin de semana ven de levar en volandas á selección da Comunidade Autónoma de Galicia ata o terceiro posto do Campeonato de España Sub-15 disputado en Aranda de Duero, só por detras de Andalucía (campeón) e Cataluña (subcampeón). Pero agora acabamos de descubrir que Camariñas contaba xa dende hai sete anos cun auténtico profesional na práctica deste deporte: Alejandro Ramos.
Pero agora ademáis gracias ao noso querido e intrépido usuario "elpeor" acabamos de saber que Camariñas contaba xa dende hai sete anos cun auténtico profesional na práctica deste deporte: Alejandro Ramos, que entrena a diario duramente no Centro de Tecnificación Deportiva de Bádminton de A Estrada, que foi campeón en repetidas ocasións do Campeonato Galego, que disputa diferentes campeonatos nacionais e que está dentro do Top-100 dos mellores xogadores de bádminton de España e que anhela que en breve Camariñas conte cun club propio nesta modalidade deportiva para arrasar de forma definitiva por Galicia adiante.
Comentarios
VITO
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.