4.34375 1 1 1 1 1 Rating 4.34 (64 Votes)

Nerea López no Campionato de España de Bádminton

Nerea López Lijó, todo un exemplo de dedicación e sacrificio no deporte
Nerea López Lijó, todo un exemplo de dedicación e sacrificio no deporte

A camariñana Nerea López Lijó comeza hoxe unha das súas maiores aventuras deportivas ao participar no Campionato de España de Bádminton representando ao equipo Sub-15 da Comunidade Autónoma de Galicia. En dito torneo participan 15 representacións autonómicas que competirán ininterrumpidamente toda esta semana ata o domingo. En fin queridos usuarios, camarinas.eu estará atento a todas as notas de prensa que nos mande Fran Puga Bestilleiro como Reponsable de Deportes do Concello de Camariñas para traervos aos máis de 2.100 usuarios desta web todas as novas relacionadas da fazaña que Nerea López xunto cos seus adestradores están a realizar en Aranda de Duero (Burgos). En fin, Nerea, moita sorte e recorda que eres todo un orgullo para os camariñáns e un exemplo para as novas xeracións. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa.

Nerea López no Campionato de España de Bádminton

Image 

A camariñana Nerea López Lijó, foi convocada para formar parte da selección galega de bádminton sub-15, para participar no campionato de España por autonomías que como indico a continuación xogarase en Aranda de Duero (Burgos). O equipo de fórmano: Andrea Gutiérrez (Club do Mar, A Coruña), Ana Reino e Nerea Gestoso (A Estrada, Pontevedra) e Nerea López ( Escola Municipal de Camariñas) os chicos: José Manuel Padín, Pablo Sanmartín, Xoel Liñares (A Estrada, Pontevedra) e Javier González (Os Sauces, Pontevedra).

SISTEMA DE COMPETICIÓN

  • Cada equipo leva catro chicos e catro chicas. Xogan 7 partidos  ( dous individuais femininos, dous individuais masculinos, un dobre mixto, un dobre feminino e u dobre masculino) e pasan de ronda os que consigan 4 ou máis puntos.
  • Campionato de España de Seleccións Autonómicas (asisten as 15 comunidades autónomas)
  • Categorías: Su 15 e Sub 17.
  • Lugar: Aranda de Duero (Burgos)
  • Datas: do 23 ao 28 de xuño

Parten de Santiago o martes 23 de xuño ás 8 da mañán.

Noticias Relacionada


 

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 23/06/2009 12:28
mima ahi rapasa ben ajudas o quisera saber de quen e filla que non aconoso bueno enhorabuena rapasa sije asi que vas por bo camiño sefa e os pedros fuerteventura
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 23/06/2009 16:13
Eu tampouco sen de quen é filla,pero non importa.O importante é que Nerea lucha por deixar muy alto o noso pabellón,jane ou non.
Noraboa NEREA e ánimo.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 23/06/2009 16:23
enoraboa nerea e sorte no campeonato.
Responder | Denunciar ante o administrador
importa
0 # importa 23/06/2009 16:23
Por fin algo con xeito nesta paxina que recorda o NODO.... Sorte rapaza no capionato
Responder | Denunciar ante o administrador
Machote
0 # Machote 23/06/2009 16:24
hay sefa non me diras que non conoces a filla di mikel
Responder | Denunciar ante o administrador
BURIAN_82
0 # BURIAN_82 23/06/2009 17:58
A min pareseme que a fillade Mikel apellidase Carril,Machote, suerte Nerea e a ver si traes o trofeo pa Camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # NORABOA NEREA.....hombre lobo 23/06/2009 19:44
...PARA MIN XA ERES UNHA CAMPEONA POR CHEJAR A DONDE ESTAS...MOITAS FELICIDADES...A H!!..O IMPORTANTE E XOJAR,MAIS QUE JANAR.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 24/06/2009 08:45
noraboa a esta deportista,xa eres campeona.Acorda devos que Camariñas é todo o ayuntamiento.
Responder | Denunciar ante o administrador