4.9130434782609 1 1 1 1 1 Rating 4.91 (46 Votes)

Sábado moi activo no Club Náutico

As instalacións do Club Náutico estanse a convertir nun recinto de primer nivel para a práctica do deporte
As instalacións do Club Náutico estanse a convertir nun recinto de primer nivel para a práctica do deporte

Este sábado 13 de xuño foi un día moi movido no Club Náutico de Camariñas, xa que a súa Xunta Directiva levou a cabo unha reunión onde quedou perfilado un programa de actos de verán no que destacan a creación dunha ruta de sendeirismo dende o Castillo ata o Faro Vilán, a celebración o 9 de agosto da maioría de idade do CNC, a comida dedicada ao socio Juan Carlos Trillo Alonso con motivo do seu nomeamento como maxistrado do Tribunal Supremo e, sobre todo, a Comida Homenaxe a Industrias Cerdeimar polos seus 125 anos de vida que terá lugar o sábado 5 de setembro. Ao mesmo tempo a Ría de Camariñas vía como se celebraba por segundo fin de semana consecutivo unha regata sobre a súa superficie. Nesta ocasión tratábase da Liga de Vela Lixeira da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para ver as táboas clasificatorias e unha amplia galería fotográfica.

Sábado moi activo no Club Náutico

Este sábado 13 de xuño foi un día moi movido no Club Náutico de Camariñas, xa que a súa Xunta Directiva levou a cabo unha reunión onde quedou perfilado un programa de actos de verán no que destacan a creación dunha ruta de sendeirismo dende o Castillo ata o Faro Vilán, a celebración o 9 de agosto da maioría de idade do CNC, a comida dedicada ao socio Juan Carlos Trillo Alonso con motivo do seu nomeamento como maxistrado do Tribunal Supremo e, sobre todo, a Comida Homenaxe a Industrias Cerdeimar polos seus 125 anos de vida que terá lugar o sábado 5 de setembro.

Ao mesmo tempo que a Directiva levaba a cabo a súa reunión, fóra, a Ría de Camariñas vía como se celebraba por segundo fin de semana consecutivo unha regata sobre a súa superficie. Nesta ocasión tratábase da Liga de Vela Lixeira da Costa da Morte que disputaba a súa cuarta proba tralas disputadas en Fisterra, Corcubión e o nefasto (para camarinas.eu) Ézaro e na que participaron os Clubs Náuticos Carrumeiro, de Finisterre e de Camariñas e onde como ven sendo habitual os ceenses deron unha auténtica exhibición. Pulsa na imaxe para ver as táboas clasificatorias e unha amplia galería fotográfica.

 

Comentarios   

hombre lobo
0 # ENHORABOA......hombre lobo 14/06/2009 19:07
...A TODOL@S QUE PARTISIPARON NAS REJATAS,TOD@S SODES CAMPEONS.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 15/06/2009 00:13
Non hai nin vensedores nin vensidos,que,co mo dí o amijo VITO,TODOS SODES UNS CAMPEONS.
Muitas veses,a culpa tena o vento,que sopla o que non debe.
Animo que outra ves será.
Responder | Denunciar ante o administrador