4.52 1 1 1 1 1 Rating 4.52 (50 Votes)

Desembarco de xóvenes regatistas en Camariñas

A tripulación dun dos Omegas camariñáns, Carlos, Helena, Arantxa e Adriana, posa cas súas medallas
A tripulación dun dos Omegas camariñáns, Carlos, Helena, Arantxa e Adriana, posa cas súas medallas

O seis de xuño de 1944 foi o día elexido polo alto mando aliado para abrir por fin o "Segundo Frente" tan anhelado por Stalin e así dar comenzo ao Desembarco de Normandía, a maior operación anfibia da historia, co fin de iniciar a liberación definitiva dunha Europa sometida ao dominio xermano. E o seis de xuño do 2009 foi o día elexido polo Alto Mando Náutico da Costa da Morte para levar a cabo na Ría de Camariñas a "Regata de Deporte en Idade Escolar", que supuxo un desembarco na nosa vila de 25 xóvenes regatistas do CEIP Manuela Rial de Cee e do IES Pedra da Aguia de Ponte do Porto. Pulsa na imaxe para coñecer as clasificacións e ver unha galería fotográfica de 60 imaxes.

Aprendendo os segredos do mar

Este intenso día de regatas comenzaba en Camariñas sobre as 13:30 da tarde e extendíase ata ben entradas as 16:00 para pasadas as cinco da tarde ter lugar a entrega de medallas a uns rapaces famentos que máis que polas medallas estaban pendientes dos pinchos que no Salón de Actos do CNC os esperaban  agarimosos e suculentos. A entrega foi realizada polo Presidente do Club Náutico de Camariñas, Alberto Artaza; a Teniente de Alcalde do Concello de Camariñas Sandra Insua Rial e a gran responsable de carrexar aos rapaces camariñáns por toda canta regata haia pola Costa da Morte, Lola da Gallega. Asemesmo, os Directivos do CNC presentes, o Comodoro máis famoso da Costa Atlántica Marcos Vázquez Campaña, o Secretario Miguel Ángel Insua, e as vocais Amparo Vázquez e a mencionada Lola aproveitaron para sacarse unhas fotos cos nosos xóvenes intrépidos capitáns camariñáns.

Falando do que á competición se refiere, nas dúas categorías elexidas, Optimist e Omega, a victoria levárona os regatistas do Ceip Manuela Rial de Cee, tal e como amosan as táboas clasificatorias finais elaboradas polos empregados da empresa Cataventos S.L. É de destacar, tal e como ven sendo xa un costume, a actuación do benxamín do noso querido usuario Juan Camariñán, Carlos González Pasantes, o cal case volve a cubrir de gloria os estandartes do Club Náutico de Camariñas, sendo o mellor dos nosos e quedando en segundo lugar dos Optimist. Mentras, na clase Omega, a mellor tripulación camariñana foi a patroneada por Mauro Lista Sestayo e integrada por Martín Méndez Campaña, Iván Barcia Pensado e Manuel Lema Ageitos, o irmán rebelde da nosa querida redactora Lucía, que quedaron en segundo lugar na clasificación final.

En definitiva, unha gran xornada adicada ao deporte da vela, que se enmarca dentro do Programa O Mar na Escola que se desenrola gracias á colaboración entre o Club Náutico de Camariñas e o Concello, patrocinada dende a Xunta de Galicia e na que ata 25 xóvenes regatistas desembarcaron na Vila dos Encaixes este sábado 6 de xuño de 2009, o Día D.

Comentarios   

JABA
0 # JABA 07/06/2009 16:18
O final,xuntouse tropa!non se kontaba kon tanta xente,por esto da.... crisis e demais...!pero a ultima hora,jrasias o esforso inajotable dos miembros ke forman a komision,\"ke estuberon hai,al pie del kañon\", e tamen a xente do pueblo ke kolabora e partisipa en todolos actos dedikados a rekaudasion de fondos,pa poder selebrar koma todolos anos .....AS FESTAS DO CARMEN!.Saludos a todos menos a UN,eh espero ke todo sija asi;en popa e a toda vela!.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 07/06/2009 17:04
Felisito a todos estes rapases pola sua vitoria, un sejundo posto tamen esta ben,felisidades .
Responder | Denunciar ante o administrador
MC_CITY
0 # FAN MAJASMC_CITY 08/06/2009 17:13
WENO SOLAMENTE DECIR QUE DA JUSTO VER COMO ALJUNS RAPACES DE CAMARIÑAS DESTACAN NOS DEPORTES..
WENO HABER SE CHEJAN A PRIMEIROS..
MAURIÑO, HELENA, CARLOS..
DADELLE CON JANAS!
JAJA
Responder | Denunciar ante o administrador