O árbitro, decisivo na derrota do F.C. Camariñas

Sergio, desesperado ante a actitude do colexiado, laméntase no chan
Sergio, desesperado ante a actitude do colexiado, laméntase no chan

Ante todo, camarinas.eu descúlpase ante os seus lectores polo retraso na publicación da crónica completa do partido Cee - Camariñas debida a problemas técnicos que non poideron ser resoltos ata última hora por esta xoven redacción. Unha vez presentadas formalmente as desculpas acometemos a crónica dun intenso partido que ven marcado por unha arbitraxe en entredito debido ás súas nefastas decisións cara o equipo camariñán.

Fotografía do encontro
Fotografía do encontro

Un Camariñas bastante mellor plantado que a semana pasada faille fronte a un dos principais equipos da categoría e aspirante ao ascenso, perdoando claras oportunidades. A elo hai que sumarlle un árbitro cobarde que non expulsou a un xogador do Cee a mediados da primeira metade frustrando as posibilidades de gañar do Camariñas nun campo difícil.

Chegaba este sábado 8 de agosto o Camariñas, como víctima propiciatoria ao campo dun dos equipos punteiros da categoría, chamado a ser un dos aspirantes ao ascenso, cun dos principais presupostos da categoría. Despois do desastroso partido cuaxado polo Camariñas en Zas ante o Baio moi serias dúbidas cerníanse sobre o equipo Camariñán, e sen embargo, o equipo visitante xogou un moi correcto partido aguantando o tipo ante un rival dos máis fortes da Costa, desperdiciando incluso a posibilidade de gañar ao perdoar incompresiblemente claras ocasións de gol. A todo elo temos ademáis que engadirlle a cobardía dun árbitro nefasto, o cal aniquilou as posibilidades do Camariñas ao non querer expulsar no minuto 44 a un defensa do Cee que derrubou a Brais do Snack cando encaraba en solitario a portería contraria.

Fotografía do encontro
Fotografía do encontro

En calquer caso, o Camariñas comenzou floxo en defensa, os balóns parados seguen a ser a asignatura pendente do equipo camariñán xa que así chegou no minuto 20 o primeiro gol do Cee, de cabeza á saída dun corner. Anteriormente no minuto 16 xa o Cee tivera unha clara ocasión para inaugurar o marcador. Aos problemas en defensa contribúen en non pouca medida a floxa presión no medio do campo, o cal repercute na defensa. E sobre todo vólvese a notar a falta de físico no Fútbol Club Camariñas.

Pero o Camariñas non se ven abaixo ante o primeiro gol do Cee aguantando o tirón do equipo da Xunqueira, e así, no minuto 32, o mellor xogador do Camariñas do partido, Álex, encarou só ao porteiro do Cee e marcou un auténtico golazo. Sen embargo o que está a ser o principal talón de Aquiles do Fútbol Club Camariñas nestes inicios da temporada, a falta de concentración da defensa en momentos puntuais, fixo que no minuto 40 ante unha saída en falso do porteiro do Camariñas e un fallo en cadea da defensa o Cee subira o 2 a 1 ao marcador. É en estas, chegou o momento clave do partido cando o árbitro no minuto 44, de forma incomprensible, non quixo expulsar a un defensa do Cee que trabou a un Brais que encaraba só a portería contraria, acción castigada polo reglamento futbolístico coa tarxeta vermella directa, ao ser o defensa do Cee o último xogador do seu equipo.

Fotografía do encontro
Fotografía do encontro

É de destacar nesta primeira metade que o Camariñas do medio campo adiante xoga ben, crea claras oportunidades, como a do Buxa, que só ante o porteiro tirou fóra o balón a pase de Brais no minuto 25. Ou coma a ocasión máis clara do partido, a que no minuto 30 desperdiciou Yago Sestayo ao rematar de cabeza en solitario diante do porteiro unha falta botada dende a dereita. A falta de definición dos dianteiros do Camariñas é un dos principais problemas que deberá resolver o míster camariñán Tono.

Fotografía do encontro
Fotografía do encontro

A segunda metade comezou sen cambios e así no minuto 2, un fallo de Nando na defensa deixa só ao dianteiro do Cee ante Marcos que falla unha clara ocasión. A elo seguen outras tres claras ocasión do Cee que dominaba claramente esta fase do partido. E sen embargo unha gran xogada persoal de Álex foi coroada cun claro e innecesario penalti cometido pola defensa do Cee. Tira Yago Sestayo dun chut duro, contundente, seco, ao estilo alemán que subía o 2-2 ao marcador. Era o minuto 13 da segunda parte. Sen embargo, o Camariñas presentábase moi mermado a este partido polas baixas: Pablo, Valerio, Brais Casal e, sobre todo Moriño, cuia ausencia no medio do campo deixouse notar ao longo de todo o partido. Con todo os xogadores que os substituiron xogaron bravamente e defenderon en todo momento a camiseta camariñana. Sen embargo, a superior calidade do Cee fixo que no minuto 30 da segunda metade nunha xogada de tiralineas de todo o equipo cun pase da morte final o Cee batira a Marcos de Chano subindo o que ía a ser definitivo 3-2 para o Cee. No último minuto do partido tivo o Camariñas a oportunidade de empatar con unha clara ocasión de Mejuto a saque de córner de Roberto que fallou incomprensiblemente, volvendo a perdoar o Camariñas ante o marco contrario.

Foto do encontro
Foto do encontro

En definitiva, no campo Raíces de Cee poido constatarse unha certa melloría no xogo do Camariñas que hilvanou boas xogadas do medio campo para diante e aguantou o tipo ante un dos "grandes" da categoría, pero sen embargo deberán pulir os principais defectos que veñen pesando coma unha losa ao Fútbol Club Camariñas nestes comezos de temporada: Os fallos de concentración da defensa e a pouca definición dos dianteiros. Con todo, este partido deixa marxe á esperanza. 

Claves do Partido

  • A falta de gol da dianteira do Camariñas.
  • As baixas que presentaba o Camariñas para este partido: 4, e moi importantes.
  • A incompetencia e cobardía do árbitro.

Ficha técnica

Estadio municipal Novo Raíces (Cee) media entrada.
Climatoloxía: Ceo despexado, sen vento, moita calor.
Estado do céspede: Natural en perfectas condicións para a práctica do fútbol.
Árbitro: Lamentable, a errónea decisión de non expulsar ao xogador do Cee condicionou todo o partido.
Aliñación do  Fútbol Club Camariñas:

Marcos de Chano
Nico, Nando, Yago (Martelo min. 80), Carlos "Meu Lar" (Mejuto min. 50)
Sesiño (Chapulín min.76), Darío, Brais, Pedro
Álex e Roberto

O mellor do partido

Álex foi o mellor do Partido
Álex foi o mellor do Partido

É de destacar o gran partido de Álex, o cal ao longo dos noventa minutos trouxo en xaque a toda a defensa do equipo ceense. Das súas botas saíu o primeiro gol do Camariñas encarando en solitario ao porteiro rival e executandoo cun sangue frío digno de eloxio. Tamén na segunda parte o segundo gol do Fútbol Club Camariñas saeu das súas botas ao ser obxecto dun claro penalti que Yago Sestayo encargouse de transformar. Durante todo o partido mostrouse activo, ofreceuse aos seus compañeiros, encarou ben aos rivales, e tivo acerto ante o gol, que é o que lle falla ao Camariñas nestes comezos de temporada. De seguir así Álex poderá ser unha das solucións a este grave problema. Non se lle pode pedir máis.

As palabras de Marcos de Chano, porteiro titular do Camariñas 

{google}90354106497648301{/google} 


 

Comentarios   

maky
0 # maky 11/09/2007 11:19
Teño que decir que me gustou moito o camariñas e non mereceu perder.O chaval de coruña Alex deixome impresionado un xogadorazo.
Responder | Denunciar ante o administrador
TARASIDO
0 # CAMARINASTARASIDO 11/09/2007 12:37
falase do mal que esta a defensa pero no partido do cee bastante fixeron nando e yago que sempre eran eles contra catro do cee pois o medio con seso e dario non facia mais que perder o balon e os laterais tampouco axudaron mouito
Responder | Denunciar ante o administrador
camariñan
0 # camariñan 11/09/2007 16:54
que os centrales non teñen culpa de nada?è moi facil poñerlle a culpa o resto pero en ningun dos goles o medio campo tuvo culpa se non que foron fallos da defensa.o medio campo anulou durante todo o partido a toni(non fixo nada en todo o partido)e axudou en defensa.os laterais estiveron ben.a defensa depende de todo o equipo.
Responder | Denunciar ante o administrador