4.7073170731707 1 1 1 1 1 Rating 4.71 (41 Votes)

Exito de participación do programa O Mar na Escola

 

Os pantaláns do mellor Club Náutico da Costa da Morte, testigos do arte veleiro dos nosos rapaces
Os pantaláns do mellor Club Náutico da Costa da Morte, testigos do arte veleiro dos nosos rapaces

 

Unha iniciativa pioneira en Galicia desenrolada gracias a colaboración entre o Concello de Camariñas, os centros educativos do mesmo, o Club Náutico e a empresa Cerdeimar é a constituida polo Programa O Mar na Escola, a cal dentro do horario lectivo dos CEIP de Camariñas e Ponte do Porto e do IES Pedra da Aguia consigue que os nosos rapaces se familiaricen co mundo da vela e cos valores de protección á natureza. Ademáis, este ano poderán demostrar a inmemorial sabiduría náutica camariñana en competicións que organiza a Dirección Xeral para o Deporte ao longo de todo Galicia. Na primeira delas, que tivo lugar en Sada, os nosos xa conseguiron un triunfo da man de Carlos González Pasantes. Pulsa na foto para ver unhas imaxes dos novos héroes do mar de Camariñas.

Exito de participación do programa O Mar na Escola

O programa O Mar na Escola que se desenvolve no Concello de Camariñas para os 3 centros educativos no Concello está resultando todo un éxito de participación. O CEIP O Areal de Camariñas participan 21 nen@s de 5º e 6º de primaria os venres dende marzo ata maio ambos incluídos en horario de 15 a 16´30 (en horario lectivo), o CEIP de Ponte do Porto (17 nen@s de 6º de primaria) os xoves dende marzo ata maio ambos incluídos en horario de 14 a 16´00 (en horario lectivo) e o IES Pedra da Águia 34 estudiantes de 1º e 2º da ESO tamén de marzo ata maio o que fai un total de 72 nen@s. Este programa está desenvolvéndose gracias á colaboración dos mestres e mestras dos diferentes centros educativos, aos pais e nais por facilitar a participación dos seus fill@s, á aportación económica do Concello de Camariñas, á cesión por parte do Club Náutico das súas instalacións e embarcacións e ao patrocinio de Industrias Cerdeimar (Conservas Boya) que como sempre, colabora cos eventos deportivos promovidos dende o Concello de Camariñas.

Este ano este programa ten a novidade que @s participantes nel, son seleccionados pol@s monitores-as de vela e o Coordinador Deportivo do Concello para participar nas xuntanzas promovidas pola Dirección Xeral para o Deporte. Estas xuntanzas foron ideadas pola Xunta de Galicia, Federación Galega de Vela, os cales convidaron  a unha representación de clubes e entidades de Galicia (entre elas ao Concello de Camariñas) á sé da Dirección Xeral para O Deporte para idear un formato e criterios técnicos que deberían regular estas xuntanzas. A 1ª xuntanza fíxose o sábado día 25 de Abril en Sada co seguinte resultado:

CLASE OPTIMIST:

1º Cualificado na clase Optimist  Carlos González – Concello de Camariñas.
2º Cualificado na clase Optimist  Juan Coloma- Club Náutico de Sada.
3º Cualificado na clase Optimist  Sergio Fernández- Colexio Manuela Rial de Cee.

CLASE OMEGA:

1º Cualificado barco do Colexio Manuela Rial de Cee
2º Cualificado barco do Concello de Camariñas (patroneado por Mauro Lista e tripulantes: Martín Méndez, Helena Ramos e Adrián Barcia)
3º Cualificado barco do Club Náutico de Sada
Ademais participaron por parte do Concello de Camariñas Daniel Lado e Marcos Amigo en OPTIMIST.

Por outro lado e continuando ca labor desenrolada dende o Concello en materia de deportes, o equipo cadete masculino da Escola Municipal de Camariñas de Bádminton está clasificado para xogar o campionato galego que se vai desputar en Lugo a fin de semana do 9 e 10 maio. Esta clasificación veu determinada debido a que en 1º lugar se clasificaron como 2º no intercomarcal celebrado en Outes e 3º no provincial celebrado en Irixoa. O equipo está composto por: Álvaro Parga, Manuel Parga, Francisco Pais e Nerea López (ten un permiso especial para poder xogar co equipo masculino). Finalmente sinalar noutra orden de cousas, Francisco Pais Fondo e Nerea López Lijó clasificaron para o campionato galego tamén en individual masculino e feminino ao proclamarse 3º  e 2ª clasificada respectivamente, no Provincial celebrado en A Coruña este domingo pasado día 26 de Abril.

Comentarios   

juanillo
0 # juanillo 29/04/2009 22:16
enhorabuena a tódolos rapases partisipantes e sobre todo a carlos,fas maja,si señor!!!!!!.sal udos desde cartagena
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 29/04/2009 22:31
Da justo ver a todos estes rapases-lobos de mar-con esa alejría que da a vida sana e mente sana dos primeiros anos da vida.
NORABOA A TODOS ELES E A SEUS ENTRENADORTES E AS CASAS QUE PATROCINAN ESTOS EVENTOS.
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # DEPORTES=A..... ...hombre lobo 30/04/2009 10:37
...CORPO SANO E MENTE SANA,TODO QUE SEA DAR OPORTUNIDADES DEPORTIVAS OS RAPASES E MOI POSITIVO,FELISI DADES OS NEN@S,OS MAESTROS E A QUEN FAI POSIBLE ESTAS ACTIBIDADES.

VITO
Responder | Denunciar ante o administrador