4.65 1 1 1 1 1 Rating 4.65 (20 Votes)

Fin de temporada con victoria

Gracias ao esforzo de directiva, técnicos e xogadores, o balonmán camariñán seguirá un ano máis na élite
Gracias ao esforzo de directiva, técnicos e xogadores, o balonmán camariñán seguirá un ano máis na élite

Camarinas.eu tiña unha conta pendente co balonmán camariñán e por eso no partido que enfrontaba ao Conservas Boya co Artai Poio  e que pechaba a temporada 2008-2009 decidíose acercarse ata o Pavillón Municipal de Camariñas para rendir a debida homenaxe a todos os responsables do equipo camariñán polo éxito de manter outro ano máis ao noso balonmán na Primeira División Autonómica despois dunha temporada dura e difícil na que unha plantilla corta, os escasos medios e as lesións fixeron que manterse na élite do balonmán galego acadase o carácter de logro épico e hercúleo.

O resultado era o de menos, xa que o CB Camariñas chegaba ca salvación no peto a este partido final contra o Artai Poio, pero aínda así os nosos déronse o luxo de gañar con bastante solvencia ao equipo pontevedrés por un resultado final de 30 a 25, ante unhas gradas ateigadas nas que aos xiareiros que habitualmente enchen o Pavillón Municipal nos partidos do Conservas Boya desta volta sumáronse os centos de aficcionados do Gran Maratón de Fútbol Sala San Xurxo 2009, o cal tivo que facer un alto na súa competición para deixarlle a pista central ao equipo de balonmano. En fin, pois dende camarinas.eu e ca firme promesa que aquí deixamos hoxe rubricada de seguir de forma intensiva os partidos do CB Camariñas da vindeira temporada cun redactor exclusivo, só nos queda felicitarnos polo éxito de manter ao noso balonmano un ano maís na élite do deporte galego. Pulsa na imaxe para ver unha amplia galería fotográfica.

Fin de temporada con victoria

Camarinas.eu tiña unha conta pendente co balonmán camariñán e por eso no partido que enfrontaba ao Conservas Boya co Artai Poio  e que pechaba a temporada 2008-2009 decidíose acercarse ata o Pavillón Municipal de Camariñas para rendir a debida homenaxe a todos os responsables do equipo camariñán polo éxito de manter outro ano máis ao noso balonmán na Primeira División Autonómica despois dunha temporada dura e difícil na que unha plantilla corta, os escasos medios e as lesións fixeron que manterse na élite do balonmán galego acadase o carácter de logro épico e hercúleo.

O resultado era o de menos, xa que o CB Camariñas chegaba ca salvación no peto a este partido final contra o Artai Poio, pero aínda así os nosos déronse o luxo de gañar con bastante solvencia ao equipo pontevedrés por un resultado final de 30 a 25, ante unhas gradas ateigadas nas que aos xiareiros que habitualmente enchen o Pavillón Municipal nos partidos do Conservas Boya desta volta sumáronse os centos de aficcionados do Gran Maratón de Fútbol Sala San Xurxo 2009, o cal tivo que facer un alto na súa competición para deixarlle a pista central ao equipo de balonmano. En fin, pois dende camarinas.eu e ca firme promesa que aquí deixamos hoxe rubricada de seguir de forma intensiva os partidos do CB Camariñas da vindeira temporada cun redactor exclusivo, só nos queda felicitarnos polo éxito de manter ao noso balonmano un ano maís na élite do deporte galego.

Engadir un comentario