4.8333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.83 (90 Votes)

Todas as fotos do Maratón San Xurxo 2009

O Resumen Final do mellor maratón de futbito destes últimos anos só en camarinas.eu
O Resumen Final do mellor maratón de futbito destes últimos anos só en camarinas.eu

Pois mentras medio Camariñas atopábase na tarde deste domingo 19 de abril na Procesión que retornaba a Virxe do Monte cara a Igrexa de San Xurxo, o outro medio, despois dunhas fases previas presididas por un éxito impresionante de público e de organización, presenciaba no Pavillón Municipal a Gran Final do Maratón San Xurxo 2009 que enfrontaba aos camariñáns de Carpintería Alberto contra o Café Bar Guaraná de Ponteceso, equipo formado por xogadores reclutados nas mellores pistas polideportivas da Coruña. A súa calidade demostrárona sobradamente nun partido no que se impuxeron aos nosos por un marcador de 6 a 1, destacando a extraordinaria labor do porteiro do Carpintería Alberto, o noso querido usuario Peteke. En definitiva remata cun éxito rotundo unha iniciativa surxida da mellor xuventude camariñana  e que camarinas.eu reflexa para a posteridade cunha amplia galería fotográfica e tres impresionantes vídeos.

 Resumen Final do gran Maratón San Xurxo 2009

Aquí en camarinas.eu dende que tivemos coñecemento da inciativa do gran Maratón de futbito San Xurxo 2009 ideada polos nosos grandes amigos Rubén o Rusiño, Pedro de Marisa e Rodrigo, volcámonos con ela porque no fondo sabíamos que respondía ao mesmos propósitos que deron lugar ao nacemento dunha web como camarinas.eu: algo que de forma desinteresada, sin recibir nada a cambio, sin segundas intencións, cun gran esforzo non sempre recompensado trataba de organizar un dos máis importantes maratóns de futbito da Costa da Morte só polo placer de organizalo e polo beneficio que para un Concello como o de Camariñas sabían que traería consigo.

Porque neste gran maratón que tivo lugar no fin de semana do 18 e 19 de abril de 2009 no Pavillón Municipal de Camariñas cunhas xornadas ininterrumpidas de 36 horas ata que pasadas as 20:00 horas do domingo rematou a gran final, participaron 24 equipos chegados dende Laxe, Malpica, Ponteceso ou o mesmísimo Padrón, e nel volcáronse no seu patrocinio a maior parte do empresariado camariñán así como tamén cabe destacar a implicación imprescindible e total da Concellería de Deportes do Concello de Camariñas para a organización dunha iniciativa surxida da mellor xuventude camariñana que de forma altruista, por puro patriotismo, organizou o mellor maratón posible nestes días das Festas do noso Patrón San Xurxo do ano 2009, chegando incluso a recubrir con tubos de cartón as columnas da pista interior do pavillón para evitar posibles accidentes ou a organizar un chiringuito improvisado para todos aqueles que desexen botar un sedento grolo entre partido e partido. E o pobo, o pobo totalmente agradecido. 

Comentarios   

lucia018
0 # lucia018 18/04/2009 00:39
Dios tio ajaj aArrasadesss...
Ruben vaite rejistrando na pajina oo...que miras pero nn tes nick si eso dimo amin polo msn ...que cho fago eu ...Mañan aber si me paso aber o meu cUÑI xogar....
espero que sala todo de maravilla...

E aber esas camisetss...... .si ai algua chula de muller xa a collo....Biks
Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Beldoña 19/04/2009 00:12
Eso é o que nesesita o noso pueblo...xente emprendedora e que esté sempre tomando inisiativas.
Noraboa e que janemos nos.
Antonio
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 19/04/2009 17:01
bueno eu tamen lle quero dar animos o e quipo para que janen suerte e quipo animos sefa e os pedros viva camariñas
Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 21/04/2009 09:56
EU QERO FALISITAR A ESTES RAPASES POLO JRAN SFUERSO QE FISERON DE ORJANISAR SEMEJANTE CANPEONATO DE FULBITO ELES SOLOS.FASEDES MAGAS ABER SI PO ANO FASEDES OUTRO IJUAL.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 21/04/2009 11:08
TAMEN QUERO FELICITAR SI SEÑOR FAN MAJAS QUE SIJAN ASI XIJANDO QUE E O MELLOR QUE PODEN FASER DEPORTE GRASIAS DIEGO E MARCOS POLOS VIDIOS POLO MENOS VEXO AMIÑA XENTE GRASIAS AMAIS TODOS SEFA E OS PEDROS
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.