4.3333333333333 1 1 1 1 1 Rating 4.33 (6 Votes)
En camarinas.eu seguimos a presentar os redactores que fan posible que en só trinta días, pulverizando tódolos records, con máis de seiscentos ordenadores conectados día tras día, a nosa web se convertirá na principal do Concello de Camariñas. É vontade desta redacción que cada semana desfile pola sección "Claves deportivas" un dos principais persoeiros do mundo deportivo camariñán. Despois de que na semana pasada entrevistáramos ao entrenador do Camariñas F.C. Antonio Méndez Bermúdez, o mítico ex-xogador Tono do Atlántico, esta semana tócalle o turno o que será o redactor-xefe da sección de deportes: o tamén ex-xogador do Camariñas F.C. e Porteño Luis Rodríguez Luaces, o cal desgranará na presente entrevista as claves que impulsarán a liña editorial da sección de deportes de camarinas.eu.

"Apoiaremos a tódolos equipos camariñáns, pero dende o rigor e a obxectividade"

Datos persoais

Nome: Luis Alberto Rodríguez Luaces
Lugar de nacemento: Camariñas
Idade: 30 anos
Profesión: Técnico en actividades físicas e animación deportiva do Concello.
Estado Civil: Solteiro

Traxectoria Deportiva

  • Xuveniles do F.C. Camariñas
  • F.C. Camariñas Senior
  • Porteño C.F. Senior
  • Adestrador deportivo no Colexio Liceo La Paz de A Coruña

Curriculum

  • 1997-1999: Técnico en actividades físicas e animación deportiva.
  • 1999-2000: Diplomado en quiromasaxe (Academia EGADE).
  • 1999-2000: Técnico en primeiros auxilios e salvamento acuático (FESSGA)
  • 2000-2001: Curso superior universitario en animación socio-cultural da terceira idade.
  • 2000-2001: Curso de masaxe deportivo e terapeutico (Academia EGADE).
  • 2000-2001: Entrenador nacional de natación (RFEN, Real Federación Española de Natación).
Luis nas epocas nas que sudaba a camiseta do Porteño
Luis nas epocas nas que sudaba a camiseta do Porteño

Bo coñecedor do deporte camariñán dende a base ata os veteranos, asiduo practicante el mesmo dun sinfín de deportes, a redacción de camarinas.eu atópase orgullosa de presentar en sociedade a súa última fichaxe: Luis Rodríguez Luaces, tras resolver os flecos de última hora que impedían o fichaxe estrela para esta tempada de camarinas.eu. Luis volta ó seu pobo como Técnico en actividades físicas e animación deportiva do Concello, onde sen dúbida como Monitor das escolas deportivas municipais transmitirá aos máis pequenos o amor ao deporte que sempre o caracterizou. Agora tamén poderemos disfrutar da súa zurda exquisita no equipo de fútbol dos veteranos do Camariñas, as ordes dun home, esa lenda viva do fútbol camariñán que é Pichurri, que saberá destilar as últimas gotas de calidade que as botas de Luis aínda atesoran. Relaxado, ilusionado esto foi o que nos respondeu nesta sala de redacción que será a súa casa nos próximos meses:

¿Cáles serán as claves que definirán á sección de deportes de camarinas.eu?
Obxectividade, rigor e imparcialidade. Sempre apoiaremos aos equipos de Camariñas, iso é evidente, pero o que nós non vamos a facer é enganar ao aficcionado camariñán. Ninguén terá trato de favor.

Entón, ¿a redacción de camarinas.eu será esixente cos equipos camariñáns?
Totalmente. Como moi ben decía Tono a semana pasada "o xogador da Costa da Morte non é sacrificado". En camarinas.eu entendemos que estando vixiantes, fomentando a competencia, a excelencia, o traballo duro e criticando o relaxamento, o cachondeo e o facer as cousas a medias, é o mellor favor que lle podemos facer o deporte camariñán. Que os nosos rapaces, dende pequenos tiñan claro o exemplo a seguir. O que nunca faremos é ser crueis, daremos a nosa opinión, que poderá estar equivocada, pero nunca con mala intención, nunca con crueldade. Isto non será unha picadora de carne humana.

¿Haberá algún deporte que tiña prioridade?
En principio non, todos parten de cero, pero obviamente si ao longo da temporada destaca algún equipo do noso Concello, por eses mesmos criterios de excelencia dos que falaba antes, teremos que ocuparnos do mismo con especial atención. O que sí fago é pedir expresamente a tódolos equipos a máxima colaboración para que os redactores de camarinas.eu poidan desenrolar a súa labor. En caso contrario, non poderemos facer o noso traballo ca dedicación que nos gustaría e isto reflexarase nas crónicas.

Na Ponte do Porto estanse a queixar polo trato que camarinas.eu lle da ao Porteño, un equipo no seu día Campeón da Copa da Costa, non o olvidemos.
Teñen toda a razón. Coma redactor xefe de deportes lamento profundamente non poder adicarlle máis espacio ao Porteño, equipo que no seu día me acolleu nas súas filas e onde me trataron coma un porteño máis. De momento as crónicas terán que ser pequenas, pero xa estamos tratando de facer unha nova fichaxe que se ocupe do Porteño. Esta redacción é a que é, está empezando e tódolos redactores teñen o seu traballo, e ocúpanse de camarinas.eu nos seus ratos libres, a costa do seu tempo de lecer e, incluso, cun custo económico para eles mesmos. Isto a xente ten que telo en conta.

Luis de Quecha practicando o seu deporte favorito: Bodyboard
Luis de Quecha practicando o seu deporte favorito: Bodyboard


¿Qué formato terán as noticias deportivas?
Todas terán a calidade e seriedade que caracteriza a camarinas.eu. Na sección "Claves do deporte" haberá cada venres noite unha entrevista exhaustiva, seria, en profundidade cun dos máximos expoñentes do deporte do Concello e no fin de semana aparecerán crónicas rigurosas, obxectivas en reportaxes con abundancia de fotografías dos partidos que xoguen os distintos equipos camariñáns. Como novidade, teremos un vídeo con declaracións a pé de campo dos xogadores, e aquí e onde pido a colaboración de todos para facer esto posible.

¿Por qué aceptas a xefatura de deportes de camarinas.eu?
Eu volvo ao pobo despois de moitos anos, e pola conxunción dunha serie de factores, determinadas persoas, amigos meus de toda a vida, están nas fases iniciales de algo que dende o primer momento vin que podía facer historia. Xa está a facer historia. Ese algo é camarinas.eu. Cando eles me fixeron o grandísimo honor de pedirme que me encargara da sección de deportes, sección á que eles lle querían dar especial importancia, non o dubidei un instante. É, posiblemente, un dos maiores retos da miña vida, terei que traballar duro, sen espectativas económicas á vista, e a costa do meu tempo libre. Terei que estar a altura dos demáis redactores, o cal non sempre é fácil, son xente moi preparada, cun currículum que mete medo, pero o nivel de compenetración que hai entre nós, somos amigos dende hai máis de vinte anos, non o olvides, facilitará as cousas. E entendo que así Camariñas pode facer historia: actualmente non se está a facer unha páxina de tal calidade en ningures, como ben decía hoxe un anónimo no Libro de visitas.

Cambiando de tema, ¿por qué volve Luis de Quecha a Camariñas?
Eu realmente non volvo porque nunca me fun. Sempre que tiven un momento libre, sempre vin a Camariñas. Aquí é onde realmente son feliz, aquí está a miña casa, os meus pais, a miña moza. Aquí está o aire libre, aquí está Reira...

¿Traballarás, como xa fixeches no Colexio Liceo La Paz, cos máis pequenos como monitor nas escolas deportivas?
Sí, eso sempre é un pracer, e como che decía antes, intentarei levar a camarinas.eu os principios que dende sempre intento inculcar aos máis pequenos para facer deles homes de proveito: sacrificio, esforzo, competitividade, que vexan bos exemplos, que vexan que na vida ninguén regala nada, que vexan que para chegar a algo hai que traballar duro. E ahí e onde entendo que os distintos equipos municipais teñen unha gran responsabilidade cara aos máis pequenos: teñen que dar exemplo. Como dixo Tono,que realmente sabe desto, que xogar no primer equipo sexa para eles unha xesta, un soño, que só se pode alcanzar con traballo duro.


Agora volveches ao fútbol da man dos veteranos, ¿non te retiraches do fútbol moi cedo?
Sí, a verdade e que aínda me quedaban uns anos bos, pero como lle sucede a tantos e tantos xogadores da Costa érame absolutamente incompatible seguir coma xogador, ademáis empecei a practicar moi en serio o bodyboard, o traballo, os estudos...En fin, a historia de sempre.

Finalmente, eu, que practicamente estou contigo tódolos días, vexo que non paras: ¿ti, cántos deportes practicas?
Sí, a verdade e que pode vérseme por ahí en actividade deportiva total. A ver, deixa que recorde: bodyboard, ciclismo (ti tamén daslle ben), pesca submarina, fútbol cos veteranos de Vietnam, ximnasio...

Ninguén mellor coma redactor-xefe de deportes de camarinas.eu. Señoras e señores, Luis Rodríguez Luaces con todos vostedes. Un auténtico pracer.

Luis ca súa querida Vila de Camariñas como telón de fondo
Luis ca súa querida Vila de Camariñas como telón de fondo

Engadir un comentario