- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Deportes Deportes
- Created: 23 Marzo 2009 23 Marzo 2009
1.600 euros en premios no Maratón de San Xurxo

Rubén o Rusiño e Pedriño de Marisa posan orgullosos co cartel do maratón que eles organizan
Os nosos queridos amigos Rubén "O Rusiño" e Pedriño de Marisa comunicáronnos esta semana que estaban en trámites para a realización dun gran maratón de fútbol sala en Camariñas para contribuír na realización das Festas de San Xurxo 2009. O caso é que este domingo xa andaban enfaenados pegando os carteles polos bares e víaselles moi ilusionados con este novo proxecto. Así, para o fin de semana do 18 e 19 de abril os organizadores esperan que se pasen polo noso pobo gran número de visitantes para presenciar dito maratón. Todos aqueles que queiran inscribirse poden chamar aos seguintes numeros: 639 404 903 - 665 561 705
En fin, camarinas.eu estará sempre á disposición das nobles xentes que co seu traballo, esforzo e sen levar nada a cambio (repito, sen levar un peso a cambio) emprendan iniciativas que redunden no beneficio global de toda a cidadanía de Camariñas como esta que están a levar a cabo "O Rusiño" e Pedriño. Pulsa na imaxe principal para ver os premios que levarán consigo os catro primeiros clasificados deste maratón.
1º Premio - 900 euros + TROFEO
2º Premio - 450 euros + TROFEO
3º Premio - 250 euros + TROFEO
4º Premio - Estuche de conservas a cada xogador
Inscripción: 80 euros/equipo (ata 16 de abril)
Teléfonos: 639 404 903 - 665 561 705
Comentarios
Eche a festa de ruben ooo!!jajaj!+çQu e nn ai quen lle discuta sobre q festa e mellor..
Xa sabes nn ruben a do carme ! jejeje!!
Vai ser un éxito rotundo.slaudos desde cartagena
Un cordial saudo
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.