4.8723404255319 1 1 1 1 1 Rating 4.87 (47 Votes)

Queixas dos participantes polo estado da pista de Reira

No marco incomparable de Reira e o Faro Vilán desarróllase este campeonato de pesca
No marco incomparable de Reira e o Faro Vilán desarróllase este campeonato de pesca

Eran as 8 da mañá deste sábado 7 de marzo de 2009 cando caseque 30 participantes collían camiño de Reira desde a lonxa nova de Camariñas para participar no 1º Campionato de Pesca "Cabo Vilán" organizado pola Asociación de Empresarios de Camariñas. Xa na zona de Reira e Trece os pescadores puxéronse á faena alá polas 9 e media da mañá e si ben as mareas eran propicias para a pesca dos preciados rebalos, só se chegaron a pescar unhas cantas pezas de sargos sendo o de maior peso o que pescou o veciño de Camariñas "O Regino" de 1.000 gramos xustiños. É de destacar o mal estado en que se atopan as pistas que bordean este lugar paradisíaco o cal foi causa das queixas de moitos dos participantes. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha galería de fotos de case 100 fotos da primeira manga do Campionato de Pesca "Cabo Vilán".

Queixas dos participantes polo estado da pista de Reira

Pois con todo esto chegou a hora do café que reparteu o Presidente da Asociación de Empresarios e hostelero camariñán Reinaldo Tajes para facer entrar un pouco en calor aos participantes do campionato e aos esforzados colaboradores da organización. A anécdota da xornada ocorreu cando un pescador atopou un cetaceo de non máis de un metro de lonxitude varado nas pedras da praia da Pedrosa xa en avanzado estado de descomposición. Outra das cousas a resaltar nesta primeira manga do campinato foron as continuadas queixas por parte  de algúns dos participantes polo estado en que se atopaba a pista que vai desde o Faro Vilán ata Trece, tendo extremadas dificultades algúns deles para sortear os baches que abundan por este camiño de barro. Xa vai sendo hora de que se trate algunha solución ao respecto. En fin, xa a unha da tarde chegou a hora de sacar os aparellos do mar e examinar as capturas na lonxa nova de Camariñas. Despois disto todos os participantes, organizadores e colaboradores desta iniciativa xuntáronse no Restaurante Villa de Oro para degustar uns platos magníficos e recobrar unhas poucas forzas para continuar ca segunda manga.

{multithumbs}

Comentarios   

hombre lobo
0 # ASOCIACION DE EMPRESARI@S....hombre lobo 07/03/2009 20:47
...FELICIDADES POR ESTA INICIATIVA,ACCI ONS COMA ISTAS FAN QUE SE OIJA UNHA VEZ MAIS,(QUE NUNCA SON MOITAS)FALAR DE ALJO POSITIVO DISTE PUEBLO,SEJURO QUE A IDEA FOI ESTUPENDA XA QUE ISTE TIPO DE COUSAS SEMPRE VAN A MAIS,POLO MENOS A PARAXE NON PODE SER MILLOR,E PARECE QUE ESTIVO BASTANTE BEN ORGANIZADO,TODO .JRASIAS POLA REPORTAXE CAMARIÑAS.EU.

VITO
Denunciar ante o administrador
eloy
0 # Estoy de acuerdo.eloy 07/03/2009 21:37
Queria decir que sí, que es verdad, que si bien no se asfalten las pistas,que por lo menos tuviesen un mantenimiento mínimo, es decir pasar de vez en cuando una motoniveladora y cegar los baches no estaba mal. La gente nos aburrimos muchas veces de ver la Televisión y nos gusta ver el mar, aunque sea en coche, pero en el estado en el que se encuentra la pista de Reira, mejor olvidarse a no ser que tengas un todo terreno que quieras destrozar por esa pista. Lo peor es que si ahora estan así, en verano van a continuar igual o peor. Saludos
Denunciar ante o administrador
javi perez
0 # Entrade na miña Páxinajavi perez 08/03/2009 15:26
Hola son javi de novo. E vos deixo o meu Blog para que o visitedes.

VEÑA CHAO
Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 08/03/2009 21:40
Donlle a rasón a Eloy, que miren un pouco más polos camiños de Reira, e unha pena ir co cohe por ahí, parese que ewtamos nos tempos de maria castaña, cando ibamos no coche de pombo hasta ponte que levava 4 horas chejar, e que lle quiten tamén as madeiras que teñen a ambos lados das pistas que unha auténtica porquería.
Suerte os janadores.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.