Despois de máis de 5000 votos emitidos, o pobo de Camariñas dictou sentencia

Agora que están a punto de empezar a ruxir con forza os tambores electorales, aquí en camarinas.eu decidimos plantexar ao noso noble electorado unha nova enquisa, sentarnos a ver os toros dende a barrera e a disfrutar do espectáculo que se aveciña. Pero antes como corresponde a xente seria hai que reflexar os resultados da enquisa anterior, moi de moda tralo enésimo jaleo entre pais, entrenadores, políticos e traballadores do Concello a conta da utilización do Pavillón Municipal. O resultado do que decidío o pueblo soberano de Camariñas tras máis de 5.000 votos, dentro desta noticia. Camariñáns, El Pueblo Ha Hablado.

¿Cal é o deporte que debe potenciar máis o Concello?

A verdade é que non había que ser moi listo para predecir quen ía a gañar a enquisa:  evidentemente, o Fútbol cunha certa rotundidade de 2.022 votos, o que supoñe un 39,70% do total de sufraxios emitidos. O outro gran contendente nesta dura loita a vida ou morte que tan enconados debates xenera en certos ambientes, o Balonmano, acada un total de 1.047 votos quedando na terceira posición cunha porcentaxe sobre o voto emitido do 20,60%. Porque no segundo lugar, queridos amigos, quedou para esta redacción o auténtico gañador da enquisa, o contendiente que moitos pensábamos que iba de recheo e polo que ninguén daba un peso: Ningún, que contabilizou número récord de 1.084 votos cun 21,30% do voto emitido, amosando sen dúbidas a opinión dunha importante maioría de usuarios de camarinas.eu que opinan que o que deben realmente facer os nosos fillos e deixarse de tanto deporte fora do horario escolar e centrarse nos seus estudios, que deben ser o primeiro e o principal, e só tras cumplir as súas tarefas escolares, adicarse ao deporte.

Tras estas tres primeiras eleccións, a opción máis igualitaria e posiblemente a máis racional, Todos iguais, acada 650 votos e un 12,8%, mentras que o resto de alternativas obteñen uns resultados cáseque testimoniais, sorprendendo o irrisorio 1,8% obtido no noso concello por un deporte da importancia do baloncesto, así como tamén destaca o carácter irreconciliable da pugna entre o balonmano e o fútbol, xa que a tesis que defendía a igualdade entre ambos, Balonmán e fútbol por igual, obtivo un 1,9% do voto escrutado nas mesas electorais de camarinas.eu. Finalmente, o Bádminton obtivo 133 sufraxios e un 2,6%.

En fin, queridos usuarios, aquí remata unha enquisa que no seu momento nos valío os maiores improperios dende algúns ámbitos, ben vedes que todos os deportes foron tratados por igual, que aquí non fumos terroristas de nada, porque no fondo, si vos decimos a verdade, a nos toda esta cuestión do deporte que se debería potenciar máis dende as arcas do Concello impórtanos un pimento, pero un pimento de Padrón, así pequeniño, e non un deses grandes, bermellos e do piquillo que traen dende Navarra e que tan sabrosos resultan. Por certo, interesante duelo para unha xornada gastronómica de camarinas.eu: ¿Pimientos de Padrón ou Pimientos do Piquillo?

Comentarios   

trono
0 # DEPORTEtrono 10/02/2009 13:22
o concello debe potenciar todo deporte no uno mas que otro pero creo que en el deporte manda mas fran que el concello
Responder | Denunciar ante o administrador
seran7989
0 # seran7989 10/02/2009 15:17
Eu penso que o concello somos todos,e non sei porque hai que elejir,por ejemplo:¿cántos sabiamos que esa rapasa que se vé a esquerda da foto con unha coleta é medalla de bronce no campeonato sub 15 de Galicia?,pos sí,é do concello.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 10/02/2009 18:11
Todos por ijual creo que todos teñen o mismo dereito, non siempre os mismos.
Responder | Denunciar ante o administrador
jesus
0 # jesus 10/02/2009 19:50
en todos non nun solo toooodooooossss
Responder | Denunciar ante o administrador
xeromes
0 # xeromes 17/03/2009 14:36
Pode que o meu comentario chege tarde, pero que pasa ca cantidad de deportes náuticos que se poden practicar en esa INCREIBLE RIA que ten o pueblo, desde aqui un chamamento o concello e tamén o club GASTRONOMICO Náutico de camariñas.
Responder | Denunciar ante o administrador