3.2571428571429 1 1 1 1 1 Rating 3.26 (35 Votes)

As únicas e auténticas bases do Concurso de Pesca

O Parranda e Arturo seguro que non faltan ao campeonato de pesca
O Parranda e Arturo seguro que non faltan ao campeonato de pesca

Despois de algún lamentable malentendido xa temos aquí as únicas, auténticas e segundas bases do 1º campenato de Pesca "Faro Vilán" que encherá de pescadores profesionais, amateurs, aficionados y mucho más o noso litoral dende a Praia da Pedrosa ata o Cemiterio dos Ingleses. Un campeonato que temos que aclarar dende camarinas.eu xa que moitos usuarios se dirixiron hacia nos con esta dúbida, que este ano únicamente terá caracter terrestre, deixando o caracter submarino e subacuático para vindeiras e posibles edicións non confirmadas. 

Este campionato, como sabedes é organizado pola Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, ten unha cuota de inscripción de 50 euros e terá lugar o fin de semana do 7 e 8 de marzo. Está dotado con cinco premios e dun premio especial de 200 euros á maior captura. Unhas capturas que poden deixar o noso litoral limpio coma unha patena ante tal muchedumbre nautico-pesquera que se nos aveciña. Pulsa no cartel realizado gratuitamente por camarinas.eu para ver a versión definitiva (algo así como o "Montaxe do director" no cine) das Bases do 1º Campionato de Pesca "Faro Vilán". En fin, que gane o mellor. ¿Serás tu...? ¿O quizás seré yo?

Bases do Campionato de Pesca organizado pola Asociación de Empresarios de Camariñas

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCION  TURÍSTICA DE CAMARIÑAS 
 
CAMARIÑAS . BASES DO I CAMPIONATO DE PESCA “CABO VILAN”

 

Para poder participar os pescadores contarán coa correspondente licencia de pesca e coa licencia federativa, de non contar con ela, esta será facilitada pola organización, a que se lle deben de facilitar os datos personais unha semana antes da proba, por mor de tramitar o seguro correspondente. 

   ESCENARIO: O escenario será dende o Monte Pedrosa- o Cementerio dos ingreses. Para a saída habera tres puntos de encontro.1.-Pedrosa; 2.-Portela de Reira; 3.- Cementerio dos Ingreses.

   NORMAS DE DESENVOLVEMENTO: O Campionato  constara de 3 mangas, que seran o dia 07/03/09 de 8 da mañán ata 12 h, a comida será as 14h. no ristorante Villa de Oro .E de 16h ata as 20h será a 2ª manga.. O día 08/03/09 a 3ª manga será de 8 da maña as 12 do mediodía. Levaranse as capturas para lonxa donde se pesara e clasificará.

O sinal de “fin de proba” é obrigatorio o cese inmediato da acción de pesca, debendo retirarse a cana cobrando normalmente o aparello.

   CONTROIS: A Asociación organizadora disporá dos controis que considere necesarios.

   NORMAS DE COMPORTAMENTO: 1.-Nas competicións de lance, (en praia) permítese entrar na auga (máxima entrada, á altura aproximada do peito do participante) por un período breve de tempo e sempre dentro dos límites do seu posto e prolongación imaxinaria. 2.- A posición do participante, unha vez efectuado o lance, debe estar na parte seca do borde da auga, desde onde exercitará a acción de cravado e loita coas pezas cravadas. 3.- O lance pode realizarse desde calquera posición dentro do posto de pesca, realizados sempre en dirección e dentro do seu espacio de mar delimitado pola prolongación imaxinaria do seu posto. Quedan prohibidos os lances oblicuos. 4.- Prohíbese, asi mesmo, calquera lance realizado por detrás doutro participante contiguo que naquel momento se atopase dentro da auga. Dende as rochas terase en conta únicamente a seguridade dos participantes. 5.- O Xuíz ou os controis poderán correxir se é o caso a posición ou distancia do mar.

   MATERIAL DEPORTIVO: 1.- O chumbo  será de 60 gr. Mínimo e deberá sempre tocar fondo. CANAS. Autoriza o uso de dúas canas en acción de pesca. As cañas de reserva, sen limitación, poden estar montadas, con ou sen carrete, pero non co aparello ou baixo de liña. 2.- CARRETES. É opcional o tipo de carrete, xa sexa de bobina fixa ou  xiratoria.  Nas probas de lanzado usarase carrete recuperador.  3.- LIÑAS. Libres tanto en diámetro, como no súa composición. 4.-BAIXOS DE LIÑA. Son libres en dimensión, diámetro e composición. Soamente poderán ir provistos dun máximo de tres amocelos. Permítese : Ter dispostos e provistos de isco cantos baixos de liña considere necesarios. Utilizar, sempre fóra do amocelo, materias atraentes como perlas e plumas  coloridas, pezas fluorescentes, etc.  Non se permite:  Colocar nos baixos de liña, elementos olorosos.  5.-FLOTADORES.  Prohíbese o uso de flotadores nas probas de lanzado. 6. CEBOS. Poderán utilizarse toda clase de cebos naturais ou de orixe orgánico autorizados polo Organismo competente en materia de pesca marítima. Queda prohibido o cebado das augas na pesca de lanzado. Se circunstancias de índole administrativo, limitasen determinados cebos, a organización, previa autorización do Comité, porao en coñecemento dos participantes con anterioridade á data de inscrición.

7.- CAPTURAS 1.-  Consideranse válidas:  As que superen a medida mínima legal establecida como especies  obxecto de pesca para a Competición, obtidas en tempo e forma.   A que fose extraída por varios amoceles e aparellos de diferentes participantes, que se lle computará, como captura válida, Ao participante que teña enganchada co seu amocelo a peza pola boca.  A peza cravada en “fin de proba” e fora extraída co movemento de recollida, sen tempo extra para traballala.  2.- Non se considerarán válidas :  As pezas que teñan máis de un amocelo na boca ou fóra dela de distintos participantes.  As que non superen a medida legal establecida.  Os peixes manipulados ostensiblemente.  A presentación á pesaxe de capturas non válidas, faculta Ao Xuíz ou Xuíces da competición para descalificar as pezas e deducir a puntuación que lles correspondería en caso de ser consideradas como válidas.O rematar o campionato , cada participante poderá levar a suas capturas. 

CLASIFICACIÓNS: 1.- Establécense as seguintes puntuacións para as diferentes capturas :  Grupo A: Robaliza, Dourada, Sargo, Choupa e Pargo. Terán CINCO puntos por gramo de peso.

Grupo B: Pintos e Maragotas que superen ou igualen o peso de 1 Kg terán TRES puntos por gramo de peso.

Todos os demaís peixes que non se atopen dentro destes grupos ou que non superen o Kg, S son da clase B terán UN PUNTO por GRAMO  do peso total de capturas válidas. 2.- As clasificacións faranse por zonas (sectores)  e por mangas. 3.- Clasificación individual tendo en conta  as capturas válidas e o seu peso. En caso de empate: Na clasificación individual por manga: clasificarase antes o que teña computado o menor número de pezas. Se hai igualdade desempatarase pola peza maior; e se continúa a empate asignaráselles o mesmo posto.  Na clasificación final individual: Se hai empate na suma de postos das diferentes mangas terase en conta :  O participante que obtivese un mellor posto nas mangas.

PRAZO DE INSCRICIÓN DENDE O 05-02-09, ATA O 26-02-09.                         

Nº CTA:2091-0061-13-3040002859

Nº TELÉFONO:677351799

Nº FAX:981736007

CORREO ELÉCTRONICO: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

INSCRICIÓN : 50,00 €

INSCRICIÓN CON FIN DE SEMA COMPLETO (HAB.DOBRE,2 noites) : 130,00 €

ACOMPAÑANTE : 50,00 €

INSCRICIÓN CON FIN DE SEMA COMPLETO (HAB.INDIVIDUAL,2 noites) :110,00€

ACOMPAÑANTE : 50,00 €

NOTA: UNHA VEZ CUBERTA A INSCRICIÓN E FEITA A TRANSFERENCIA BANCARIA PREGASE ENVIEN POR FAX A INSCRICIÓN E O RECIBO BANCARIO O Nº DE FAX : 981736007. 

PREMIOS

1º 800€    

2º 400€

3º 200 €

4º 1 CARRETE

5º 1 TRAXE MEGA-TEX 

PREMIOS ESPECIAIS

PREMIO A MAIOR CAPTURA: 200€

PREMIO O 1º CLASIFICADO DO CONCELLO DE CAMARIÑAS : 1 EQUIPO COMPLETO DE PESCA.(CARRETE E CANA) 

ORGANIZADOR:

ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS E DE PROMOCIÓN TURÍSTICA DE CAMARIÑAS. 

PATROCINADORES:

KALI

EVIA

JOLUVI

ESTRELLA GALICIA

ZUMOS PAGO

GRUPO FRAIDA

INDUSTRIAS CERDEIMAR 

COLABORADORES:

FEDERACIÓN GALEGA DE PESCA

CONCELLO DE CAMARIÑAS

Comentarios   

mantida
0 # mantida 08/02/2009 20:44
Eu sejuro que non von ser pero que jane o mellor e si queren repartir o que pescan tampouco hay inconveniente.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.