A cabalgata de Reis Magos percorrerá todas as parroquias do Concello de Camariñas

Este vindeiro sábado, 5 de xaneiro, a espectacular Cabalgata das súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, que o Concello de Camariñas ten preparada para celebrar este santo día, percorrerá todas as parroquias do concello. Comezará a súa particular singladura real pola meirande parte das rúas municipais a partir das 11:30 horas e rematará no pavillón municipal de Camariñas. Neste pavillón será onde se celebre a pertinente recepción oficial dos Reis Magos a partir das 19:30 horas da tarde deste sábado 5 de xaneiro deste xeado comezo de ano 2019. ...

Un total de 29 deseñadores participarán no XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda da Mostra do Encaixe 2019

Hoxe, martes 18 de decembro, decidíronse os finalistas do XXVI Concurso de Noveis Deseñadores de Moda, que se levará a cabo durante a XXIX Mostra do Encaixe de Camariñas entre o 17 e o 21 de abril. Nesta ocasión serán 29 os deseñadores que participen no certame. Os finalistas presentarán un total de 24 coleccións, que desfilarán en dous grupos: ‘A’ e ‘B’. Hai máis deseñadores que coleccións debido a que, como permiten as bases, algúns deles preséntanse en grupo. ...

A pista de Reira, coma tódolos invernos, un perigo para a seguridade dos visitantes

Despois dunha vaga de temporales de vento, chuvia e frío que asolaron a costa de Camariñas estes dous derradeiros meses comezan a vislumbrarse máis polo miúdo todos os destrozos ocasionados polas inclemencias do tempo. E eso que aínda non chegamos a inaugurar o inverno, pero aquí xa estamos completos en canto a temporales se refire. O caso é que esta tarde a redacción desta web procedía a realizar un pequeno paseo dominical pola pista de Reira e cal foi a sorpresa que estaba cáseque impracticable. Tan só pasando polo traxecto que descurre dende a praia de Area Longa ata a...

O Faro Vilán centro do sector turístico da Costa da Morte

Unha decena de profesionais do sector turístico da costa galega participou hoxe, luns 3 de decembro, no 'Fam Trip' Ruta dos Faros dedicado a salientar os recursos turísticos vencellados á Ruta que se atopan nos concellos do territorio do GALP Costa da Morte. O obxectivo principal desta iniciativa é dar a coñecer os recursos turísticos máis salientables do territorio. ...

Camariñas inaugura o Nadal co acendido da iluminación e cun encontro de corais

O Concello de Camariñas inaugurará este xoves 6 de decembro, as festas do Nadal, e farao por medio do acendido da iluminación e do VI Encontro de Corais. Así, a praza da Insuela acollerá, ás 18.00 horas, o prendido das luces do Nadal. Como parte do acto levarase a cabo tamén un encontro de corais no que actuarán a Polifónica San Salvador de Pazos, a Rondalla de Cariño e a agrupación Brisas do Mar de Camariñas.  Desde o Concello animan a todos os veciños e veciñas a tomar parte nesta actividade que suporá o inicio das festas de Nadal no municipio...