Continúa a cruzada polo medio ambiente e o aforro enerxético do Concello de Camariñas

A Xunta de Goberno do Concello de Camariñas ven de adxudicar a substitución de luminarias e a instalación doutras novas en varios puntos do concello por outras moito máis eficientes, mais económicas e menos contaminantes. En concreto son 105 luminarias novas, de tecnoloxía LED, que van a supoñer un aforro con respecto as actuais do 80.3%. En términos medioambientais esta mellora significa unha redución do consumo en 64,520 KWH, e a redución de CO2 á atmósfera en preto de cuarenta e dúas mil toneladas. Xeograficamente estas luminarias serán instaladas 68 nás rúas Rampa, Castelo, Tomás Artaza, O Bico, Atalaia, Churruca, Curro...

Contedores destinados a manter limpa a costa de Camariñas

O Concello de Camariñas está a colocar puntos de recollida de lixo e crebas depositadas polo mar na fachada atlántica da costa municipal. Esta fachada forma parte de varios roteiros de sendeirismo, entre os que destaca o Camiño dos Faros. Facilítase así a labor dos visitantes e sendeiristas que, de xeito espontáneo, xa viñan colaborando na limpeza do litoral onde se acumulan todo tipo de lixo, especialmente durante os temporais do inverno. ...

A Mostra do Encaixe de Camariñas 2018 arranca motores en Asturias

A exposición "Descobrindo Camariñas, Corazón do Encaixe" que se estreou esta semana no auditoria Príncipe Felipe da cidade ovetense ten como obxectivo informar de forma didáctica a importancia do Encaixe de Camariñas desde o punto de vista cultural, tradicional, artesanal e socioeconómico. Consta de imaxes, módulos de grandes dimensións, que reflexan a tradición, o deseño, a artesanía, a innovación, a modernidade e a internacionalización, que dan a coñecer dunha maneira moi visual e sinxela en que consiste a "Mostra do Encaixe de Camariñas ". Estas 6 imaxes interpretan a simboloxía do Encaixe de Camariñas coa colaboración de personaxes de renome...

Día de topes de xurelo no porto de Camariñas

Rematada xa caseque a tempada pesqueira estival do cerco camariñán chega a hora de facer balance e ver contas. E aínda que houbo semanas espléndidas para moitos barcos a tónica xeral do estío foi digamos que intermedia para os intereses da nosa flota. Así e todo e a pesar de que nos atopamos xa en épocas propicias para o mal tempo, os temporais parece que se van a facer esperar co cal as embarcacións de Camariñas aproveitan para seguir co seu traballo. A proba delo atopábamola na mañá deste mércores 13 de setembro de 2017 cando todo aquel que se...

O Concello de Camariñas aposta fortemente pola compostaxe e a reciclaxe

A cantidade de residuos xerados pola cidadanía está en crecente aumento, e a xestión actual non consigue aproveitar os recursos pechando o ciclo da materia orgánica sen un impacto na calidade ambiental da cidade. É por isto que o Concello comezou hai 3 anos con unha aposta decidida pola compostaxe doméstica, sumando cada ano máis familias e abrindo unha vez máis unha nova convocatoria á participación, dirixida a todos os veciños do municipio que conten con un pequeno terreo no que compostar os seus residuos orgánicos, impedindo que cheguen aos contedores da rúa e pechando o ciclo da materia nos...