Novas axudas para as familias que desexen ter fillos no ano 2018

A Consellería de Política Social convoca axudas económicas, a través da tarxeta benvida, para as familias que no ano 2018 teñan unha/un filla/o, adopten ou estean en situación de garda con fins adoptivos dunha nena ou neno nados en 2018. A Finalidade destas subvencións a familias é conceder unha axuda económica para que estas familias que teñan fillas ou fillos, tanto por natureza como por adopción, nados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 2018. Tamén se poderán beneficiar as/os galegas/os e os seus descendentes, que tendo residido fóra de España, retornen a Galicia durante o...

Alerta Roja: Abandono total da Xunta con respecto a praga de avespas asiáticas que asola Galicia

O pasado 14 de decembro o concelleiro xaviñán Sergio Caamaño trasladouse xunto ao veciño de Xaviña e experto na retirada de vespas asiáticas "O Padronés" a unha xornada sobre este insecto que está mascrando a avella do pais. O Padronés é o apicultor que o Concello de Camariñas contrata para a retirada de niños de velutina. A xornada era para dar a coñecer a situación desta praga que asola a Galicia e proporcionar información útil e actualizada aos concellos para que poidan loitar contra a súa expansión. Recordar que a vespa velutina debora insectos e froita. O insecto ao que máis ataca é...

Emblemas de Camariñas: A Danza de Arcos, por Xosé Troiano

A danza de arcos de Camariñas é unha danza anterga que se baila na honra da patroa dos mariñeiros, como é a Virxe do Carme. Esta danza bailábase xa nos anos vinte do século XX, como deixou constancia, un dos mellores fotógrafos da época, D. Ramón Caamaño. Pero cal é a orixe desta danza? Pois segundo os nosos maiores, esta danza ven da vila de Cariño, e ven para quedarse para sempre. Mais esta danza tamén se pode ver en diversas festividades como en Asturias ou nos estados de Hidalgo, México e Puebla, está chea de pasos moi complexos, e...

Comeza o Nadal 2017 no Concello de Camariñas

Como ven sendo habitual o Concello de Camariñas organiza un amplo programa de actividades co que encher o tempo de vacacións escolares neste período de nadal. A pesar de que o nadal 2017 no concello comezou oficialmente co acendido das luces navideñas este mércores 6 de decembro, o verdadeiro pistoletazo de saída deste auténtico batallón de actos lúdicos dará comezo o venres 22 coa Festa de Papá Noel que se celebrará na Casa de Pedra e onde os pequenos deberán levar as cartas cos seus desexos para entregárllas en man ao mesmísimo Santa Claus que pasará por Camariñas provinte desde...

Acendido da iluminación do Nadal 2017 en Camariñas

Estes días podemos ver por gran parte das rúas do concello a unhas cantas camionetas preparadas con diversos utensilios eléctricos e cos seus operarios afanados nas súas gruas. Estes, pertencentes a unha empresa de iluminación contratada para tal efecto, están colocando un gran número de adornos navideños luminosos ao largo e ancho do perímetro municipal. E é que o concello de Camariñas quixo adiantarse este ano a todos os da costa e púxose mans a obra para organizar o primeiro acendido simultaneo da iluminación de nadal en todo o municipio palilleiro. Así, ao estilo londinense, o primeiro evento de acendido...