Semana de limpeza das praias do Concello de Camariñas

Aínda que o tempo non corresponde ao que debería con respecto ao mes no que nos situamos, os respectivos grupos de limpeza do Concello de Camariñas ao mando do concelleiro Xaviñán Sergio Caamaño, comezaron a limpeza das praias de todo o territorio municipal. Dende principios desta semana a gran maioría dos operarios dispoñibles polo consistorio afanábanse na limpeza da praia de Area da Vila en Camariñas, Lingunde, O Ariño en Xaviña así como tamén na coqueta praia de Camelle usando para elo unha máquina que limpa e clasifica a area descartando tanto a suciedade como plásticos ou restos de basura así...

Esta fin de semana todas as novidades da temporada no showrrom de Camariñas

Showroom e Desfile de moda os días Sábado 28 e domingo 29 de abril no Polideportivo O Areal de Camariñas. A rede de comercio e o Concello de Camariñas organiza a segunda edición do Showroom Camariñas. Comenzará o sábado ás 20:00h cun desfile de moda e continuará o domingo dende as 11:30 ata as 19:30h. Nesta xornada ademais das novidades de tempada en comercios e servizos profesionais poderás participar en actividades e obradoiros para maiores e rapaces. Cambiamoste en Camariñas amosará durante o domingo o cambio de look dunha persoa grazas aos profesionais e comercios de Camariñas. Ven e aproveita para facer as...

A ITV de vehículos agrícolas regresa á Ponte do Porto

A Unidade Móbil 3 de inspección técnica de VEHÍCULOS AGRICOLAS desplazarase ata o Concello de Camariñas nas datas do 17/04/2018 ao 18/04/2018 para atender a todos os cidadáns que necesiten pasar esta inpección aos seus vehículos agrícolas. Os técnicos da empresas Supervisión y Control estarán atendendo a todo aquel que o necesite no Paseo Fluvial da Ponte do Porto) en horario habitual de atención de 9:00h a 13:30h e 15:15 a 18:00 horas de luns a venres agás o 18/04/2018 que será horario só de mañá. Para solicitar cita previa poden facelo por teléfono no número 902 30 90 00 ou a través...

O Concello de Camariñas declara a guerra contra a vespa velutina

O Concello de Camariñas instala 100 trampas para vespa velutina. O obxectivo é atrapar as raíñas que viven entre marzo e xullo antes que fagan os niños.  Segundo Xesús Asorey, biólogo da Asociación Galega de Apicultores (AGA) “cada vespa velutina que se colla nesa época é un niño menos que vai aparecer despois”. ...

Alquílase o Café Bar San Remo de Camariñas

Vamos agora cunha oportunidade para emprendedores. O famoso local hostaleiro sito en pleno paseo marítimo de Camariñas, o mítico Café Bar San Remo, rexentado pola familia da nosa querida amiga Ángeles Carril púxose esta semana en alquiler. Todos aqueles interesados en optar a rexentar este local hostaleiro situado nun dos lugares máis atractivos para calqueira negocio turístico como é a magnífica fachada marítima de Camariñas poden facelo poñéndose en contacto co teléfono 678 216387 onde lles explicarán os pormenores do contrato de arrendamento. Unha oportunidade excelente tanto de inversión empresarial como de autoemprego en Camariñas que non se pode deixar...