Oportunidade de emprego: Véndese licencia de taxi en Camariñas

Vamos agora con unha importante oportunidade de emprego para todos aqueles que queiran ser autónomos e estar as ordes dun mesmo así como de ter a liberdade de decidir as horas de traballo. Esta mesma semana viñemos de saber por medio do seu dono que se puxo á venda unha licencia de Taxi para traballar legalmente na localidade de Camariñas. E é que este oficio de chófer está en auxe novamente na Vila das Palilleiras sobretodo despois das lamentables deficiencias que o servizo de autobuses da Costa da Morte ven arrastrando últimamente. Así que xa saben vostedes, para todos aqueles...

Camariñas saca a licitación proxectos valorados en 337.000 euros para a mellora da seguridade viaria

O Concello de Camariñas continúa a súa aposta pola seguridade viaria e a mellora dos equipamentos no municipio e vén de sacar a licitación dous proxectos para actuar en diferentes rúas de Camariñas e Camelle que suman un total de 337.024,94 euros. ...

Gran éxito da Fin de Semana dos Naufraxios do Concello de Camariñas

Este pasado fin de semana celebrouse outra exitosa edición da ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ no Concello de Camariñas. Nesta ocasión contou con moi diversas actividades cos naufraxios da costa camariñana como tema común de unión entre elas. Así pudemos desfrutar durante estes días de representacións teatrias, relatorios por diferentes puntos do concello, así como tamén se realizou unha sesión infantil na que os máis veciños máis pequenos do noso concello tiveron a oportunidade de coñecer algúns dos naufraxios máis importantes acarcidos no noso litoral. Pero si as anteriores actividades tiveron éxito, o concurso de tapas preparado para este evento...

Camariñas celebrará a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas

O Concello de Camariñas celebrará do venres, 16 de novembro, ata o domingo 18 a ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ que tivo que ser aprazada debido ao temporal. Así, a vila vivirá unha fin de semana repleta de propostas gastronómicas, culturais e turísticas, nun evento que pretende reivindicar a historia do municipio a través de diferentes actividades. Este ano, posposto pola alerta laranxa, celebrase unha semana despois do aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’, no que o cruceiro da Royal Navy afundiuse en 1890 no corno da Punta do Boi deixando 173 vítimas. O Cemiterio dos Ingleses acollerá o sábado, a...

Comezan os obradoiros de Igualdade no Concello de Camariñas

Esta semana, no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto, comezaron os obradoiros entre homes e mulleres para a loita contra a violencia de xénero que se levan a cabo por parte da técnica de Igualdade, contratada polo Concello de Camariñas. Este ano a temática dos talleres é a violencia de xénero e o amor romántico mediante o análise crítico de varias cancións. Valéndose destas composicións preténdese previr ideas como o amor romántico avasalador, que todo o perdoa, que todo o quere, asimilar os conceptos ocultos mediante a música que eles escoitan pop, rock, reguetón... ou descubrir mitos que poden...