- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 11 Decembro 2008 11 Decembro 2008
A partir de hoxe, queridos usuarios, ca nova ponte colgante de estilo xaponés que a empresa Gerca instalou encima do Poso do Muelle, xa nada será o mismo. A partires de agora o noso puerto parecerá un estanque xaponés de estilo zen onde se poderán recitar poemas kaiku ou meditar sobre o sentido da vida de Buda, onde un terá a sensación de estar paseando polos xardíns imperiais de Kyoto ou teletransportarse aos teatros kabuki ao aire libre da populosa e megamoderna Tokyo. Ante este estado de cousas Camarinas.eu non podía deixar de captar unha amplia galería fotográfica do día no que o Imperio do Sol Naciente facía a súa espectacular entrada en escea en Camariñas.
En fin, amigos, aqueles aires orientais traídos dende o Xapón a España nos lonxanos anos 80 polos bonsais do polémico ex-presidente Felipe González, xa están aquí. Tivemos que esperar ata o ano 2008 para que o milenario Imperio do Sol Naciente fixera a súa entrada na tamén moi antiga vila mariñeira de Camariñas. A citada ponte de 12 toneladas de peso e dun custo estimado de máis de 20 millóns das antigas pesetas foi instalada entre as 12:00 e as 15:30 horas deste xoves 11 de decembro pola empresa Gerca que rexenta o gran amigo de camarinas.eu e veciño de Santa Cristina, Caamaño, casado ademáis cunha veciña do distrito de Buría. Fabricada esta estructura íntegramente en aceiro, a partir de agora será o lugar predilecto de paseo dos xubilados camariñáns, os cales poderán sentir todo o peso da sabiduría milenaria nipona soñando cas hipotéticas caricias dunhas delicadas e cariñosas geishas cun sinxelo garbeo sobre a ponte colgante do Poso do Muelle. Xapón xa está aquí.
Comentarios
Preciosas imágenes.
Antonio
Antonio
Apoyo idea de conservación y restauración de los cañones, aunque sí difiero en la opinión de situarlos en jardines o plazas. Para los jardines prefiero flores, no un cañón que me esté apuntando a mi cabeza. Creo que las armas están bien donde tienen que estar, en este caso en el Castillo del Soberano. Soy de los que creen que sería importante su restauración, ya que se posee documentación, planos y demás sobre el mismo.
Ideas hay (o eso creo), lo que falta es dinero (o administrarlo bien).
Salud para todos.
Eu xa dera o anterior alcalde e a este tamén llo comentei de que habia que recuperalos, restauralos e a súa situación exacta sería o mirador do castelo. Alí habería que facer unha especie de almenas mirando cara o porto e situalos de maneira que nos recordara o noso castelo que está ó lado, quedaria moi ben, o que pasa é que hai pouca voluntade política.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.