4.4 1 1 1 1 1 Rating 4.40 (20 Votes)

Camarinas.eu sempre apoiando o Software Libre

O profe Fernando acompañado dunhas cuantas alumnas do citado curso de bases de datos
O profe Fernando acompañado dunhas cuantas alumnas do citado curso de bases de datos

Xa está a rematar o curso que organiza a Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Camariñas . Este ente público apoia a implantación en empresas e profesionais de programas de software libre. Esta maneira de crear programas leva xa tendo moito éxito en todo o mundo xa que presentan programas e sistemas operativos de gran calidade que son actualizados e mellorados constantemente pola comunidade de desarrolladores informáticos que colaboran desde todo o mundo mediante internet. Ademáis desta ventaxa hai que sumarlle unha moi importante: todos os programas son gratuitos. Pulsa na foto para ler a noticia completa e ver unhas imaxes do curso.

Camarinas.eu sempre apoiando o Software Libre

Neste curso estase a estudiar o complexo mundo das bases de datos relacionais mediante o programa que xestiona ditas bases no "[[Open Office]]". Este programa chamado "Base" é unha aplicación moi parecida a outras como Access pero cas vantaxes que citamos anteriormente neste tipo de aplicacións.

Ademáis de xente da nosa vila a este curso asisten alumnos de outras zonas da costa como Muxía e Vimianzo xa que é moi raro ver un curso tan especializado na nosa área. O caso é que un membro da redacción de camarinas.eu asiste (cando pode) a este curso, impartido polo veciño de Mazaricos e gran informático Fernando, debido a que esta web está realizada tamén con un programa xestor de contidos chamado [[Joomla]] e que usa, ademáis de PHP ditas bases de datos.

Galería Fotográfica

{multithumbs}
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
   
   
   

Enlaces de interese

Comentarios   

Beldoña
0 # O FUTUROBeldoña 11/12/2008 23:14
Da justo ver a unhas rapasas tan juapas e aplicadas,de aquí sairán as futuras informáticas,un ha profesión tan demandada pola nosa sosiedá e con tanto futuro.
Enhoraboa.
Antonio
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.