4.8545454545455 1 1 1 1 1 Rating 4.85 (55 Votes)

A invasión dos calamares xigantes

Pedro e a súa nai Marisa amosan o calamar xigante ás portas da súa casa na Rúa Vulcano
Pedro e a súa nai Marisa amosan o calamar xigante ás portas da súa casa na Rúa Vulcano

A Costa da Morte está a ser atacada por unha oleada de calamares xigantes. Despois das capturas de enormes exemplares destes monstruos marinos provintes dos fondos abisales acontecidas en Muxía e das que se facía eco a prensa recentemente, desta volta tocoulle o turno ao porto de Camariñas. Cara as oito da tarde do luns 1 de decembro, frente as costas de Nemiña, concretamente no lugar coñecido como Muñís, os tripulantes do barco camariñán da familia Campaña Pensado "Muro de Fontán" observaban abraiados como entre as redes do xurelo subían a bordo nin máis nin menos que dez calamares xigantes. Pulsa na imaxe para ler a noticia completa e ver unha ampla galería fotográfica sobre tal suceso inexplicable.

A invasión dos calamares xigantes

Un dos tripulantes do "Muro de Fontán" é o gran amigo desta redacción Pedro, ademáis de fillo da musa oficial de camarinas.eu Marisa, por eso unha vez comunicado tal evento inexplicable, esta redacción acercouse ata a emblemática Rúa Vulcano, pertencente ao distrito do barrio camariñán de Corea, lugar de residencia do matrimonio formado polos nosos queridos amigos Pedro Senior e Marisa para entrar en antecedentes. Alí, Pedro contounos que os exemplares captutrados entre unhas redes arriadas inicialmente en busca de xurelos eran dez, oito deles cun peso aproximado de tres kilogramos e medio, como o exemplar que lle tocou en sorte a Pedro, e outros dous de dous kilos, os cales foron repartidos igualitariamente entre a tripulación do barco camariñán.

Ante tal exemplar xigante, un auténtico monstruo marino, Marisa, experta cociñeira como  temos ocasión de comprobar toda a ralea de vagos, chiquiteros e redactores (perdón pola redundancia) que pululamos absolutamente afameados polo Arnela os venres noite, comentou que ten en principio pensado conxelar tal exemplar enorme e quen sabe si un día teremos ocasión de degustar unha tapiña de tan suculento manjar submarino nun dos nosos venres gastronómicos do Café Bar Arnela. Despois de degustalo, non estaría mal saír a tomar uns máis que merecidos refrigerios cubateriles polo Camariña's Saturday Night Fever co noso querido amigo Pedro, tal e como este último sábado levou a cabo a redacción de camarinas.eu acompañada dun mito viviente como Juan do Penedo. O que sexa amigos, con tal de olvidarnos por un intre de tal invasión despiadada: que Dios nos colla confesados.

Noticias relacionadas

Galería Fotográfica

{multithumbs}
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
Image  Image  Image
   

Comentarios   

eloy
0 # Un bocataeloy 02/12/2008 19:12
Siempre se puede hacer un bocata de calamares en su tinta, o una empanada o yo que sé, haber mantida como cocinera que propones.Saludo s
Responder | Denunciar ante o administrador
hombre lobo
0 # Pedaso bicho!!!!...hombre lobo 02/12/2008 19:46
...fasia muito tempo que non via un calamar tan jrande..pescand o ca caña queria saber eu como tira un animal de esas dimensions,boni ta peza,en hora boa.
Responder | Denunciar ante o administrador
lucia018
0 # lucia018 02/12/2008 20:06
Que grande igual o de meu primo tamne ten un deses enormes ....Parece un pouco mas grande o de carlos..BiKS PEDRO!
Responder | Denunciar ante o administrador
pili_camariñas
0 # PEDROOOOOOOOOpili_camariñas 02/12/2008 21:08
CARAYOOOOOOOOOO O ESE SI Q E BO CALAMAR OH SI SEÑOR! NA MIÑA VIDA VIN TAL COUSA JAJAJ EÑA PEDRIÑO ELO MEYOR UN BIKASOOOOOOOO
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Cómo comelo ?Beldoña 02/12/2008 21:50
Eu non son cosiñeiro,pero entendo que un calamar dese tamaño, a millor forma de comelo é... con pasiensia....
O mais jrande fui o que me escapóu a mín no muelle novo.

Felisidades
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
juanillo
0 # juanillo 02/12/2008 23:44
fas majas pedriño,si señor!!!,jardar asme un raxo para cando vaia en navidades.un saludo desde cartagena
Responder | Denunciar ante o administrador
MTCC
+1 # RE: Porto de Camarinas: Calamares XigantesMTCC 03/12/2008 14:33
Mira Pedriño oohh fai majas,si señor aver si pescas outrp e mo rejalas para min !!!jajjja un bikiño toloo es un crack
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 03/12/2008 15:24
este calamar ainda da pa unhas boas tapas, haber Marisa que quer faser con él, haberá que prejuntarllo.
Responder | Denunciar ante o administrador
pinguino
0 # pinguino 03/12/2008 23:54
ese si que e vo calamar si señor enorabuena
Responder | Denunciar ante o administrador
manoliño_88
0 # manoliño_88 12/12/2008 12:26
mima pedriño,e mas jrande o kalamar ke ti
Responder | Denunciar ante o administrador