- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Novembro 2008 22 Novembro 2008
Unha comida dietética, nutritiva e equilibrada

Proteína cárnica porcina ao 100%. sólo para estómagos cristianos mui agradecidos
Siguen os clásicos obreros e campesinos, e nesta ocasión damos unha volta de tuerca sobre a proposta da semana anterior (tortilla de travesas) para presentar a tódolos nosos usuarios outro suculento manjar: fellados de talladas, zorza con patacas, pinchos morunos e salchichas helvéticas, todo elo co xa imprescindible acompañamento dos pimientos de Padrón de Buría. Unha auténtica homenaxe ao cochino, pilar angular da Civilización Occidental e Cristiana: esa fui a aposta culinaria que esta semana vos propoñe Maruja do Mantido, a redactora gastronómica de camarinas.eu, que contou coa colaboración inestimable da súa nai Gloria, posiblemente a muller que cociñou máis banquetes pantagruélicos na historia de Camariñas. Pulsa na imaxe para acceder a un placer para o paladar condimentado con 75 fotos.
Fellados de talladas e Pinchos Morunos
A xornada iniciábase cando Maruja abría as portas da súa casa (unhas portas que sen embargo unha vez pecháronse con estrépito e que a piques estiveron de levar por diante a varonil e fermosa nariz dun dos nosos redactores) a un Diego Alonso que comenzaba a sentir na súa barriguiña rectilínea as trincadas da fame. Alí, nunha impresionante cociña na que nunha lareira enorme afumábanse a lume lento uns chourizos elaborados a base dos cochinos que a familia do Mantido posúe en Carnés, súa nai Gloria axudáballe a facer os fellados de talladas, o plato estrela da noite e que ía ser papado vorazmente por toda a cuadrilla chiquiteril do Arnela en breves instantes. Non podía ser menos ante tal sabiduría culinaria desta gran muller camariñana que ademáis elexío para condimentar este humilde piscolabis productos da máxima calidade: fariña de millo traída de Castrelo (Vimianzo), ovos da súa propia casa e as imprescindibles talladas, extraídas dos xa mencionados guarros familiares de Carnés.
Unha vez no Arnela, Maruja da man de Marisa, María Pilar e Gelinita, tres expertas cociñeiras da vieja escuela, no caso das dúas irmáns descendentes ademáis dun dos mellores cociñeiros masculinos de Camariñas cando se poñe aos fogóns: Lalo, puxéronse mans á obra para a elaboración da segunda fase desta proposta culinaria e gorrina: zorza con patacas, pinchos morunos e salchichas suizas. Unha auténtica homenaxe ao porco, pilar angular sobre a que se construío a Civilización Cristiana e base fundamental de toda alimentación dietética, nutritiva e equilibrada, e si ademáis vai acompañada duns cuantos viños, cervexiñas ou cubatas, a alimentación xa é total.
En fin queridos usuarios, unha proposta humilde, traballadora, apta para tódolos bolsillos (polo de agora), así é a segunda receta oficial de camarinas.eu coa que facer frente a esa crisis que algúns negaban ata fai mui pouco e que reincide na calidade dos productos, todos caseros, porque ante os tempos tan negros e letales que se aveciñan e vendo as mans nas que estamos, non estaría de máis buscarse un pequeno terreniño perdido por ahí polos montes no que poder sementar unhas pataquiñas, uns coleiros ou o que sexa (lechugas non, en tempo de crisis constitúen un luxo superfluo que non enche e do que é mellor prescindir) e poñerse a criar un porquiño, unhas galiñas, un coelliño, cos que poder sobrevivir nestes tempos de fame e frío que xa están aquí, a semellanza co acontecido na Rusia postsoviética dos anos 90 cando tralo derrumbe e colapso total da economía no xigante euroasiático, a maioría das familias das grandes cidades sobreviviron alimentándose dos productos que cultivaban eles mesmos nas súas "dachas" (casas de campo rusas). Tempos duros, queridos usuarios, tempos difíciles.
Comentarios
Por certo, non podo evitar comentar ese xesto de brindis cocacola en man do amigo Marcos, artimaña tentando de esconder o cubata detrás da botelliña de cerveza...pero vexe ben polo cheo que está o casco de cocacola, e polo cheo que tamén está o vaso de turno, que non foi unha brebaxe lixeira a que despois do retrato se tomou o general...jajaja
Saúdos e gracias!
Cada ves que pasaba unha nova imáXen,paraba e iba a nevera,por ver si había aljún fellado con raxiñas de touciño polo medio...Pero,po bre de mín,sólo era unha mala xojada da miña cabesa.
ENHORABOA.
aNTONIO
Thor as serbolas traelas ti de suisa que tamén están muy boas.Beldoña eu non sabía que non ibass a vir pero pa próxima avisas que un felladiño non che a de faltar.
A próxima semana bolos do pote.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.