- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 15 Novembro 2008 15 Novembro 2008
Contra a crisis: as recetas de camarinas.eu

¡Ay, amigos! Iremos a quiebra radical, pero antes vamos a darnos unhas enchentas...
Cando ahí atrás chamaban aos que alertaban de que estabamos ás portas dunha crisis económica descomunal antipatriotas ou patriotas de hojalata que tanto ten, aquí en camarinas.eu, viñendo de quen viña, nin chispa de caso lles fixemos e preparámonos para o peor. Así, creouse o Gabinete de Crisis Culinario de camarinas.eu que tiña por obxecto polo menos unha vez á semana poñer en común entre varios usuarios diversos condimentos co obxectivo de preparar unha comida traballadora, humilde, ca que aforrarnos uns pesiños para poder sobrevivir un día máis nestes tempos turbulentos e de paso crear a sección de gastronomía, porque xa ía sendo hora de elevar a unha muller das cualidades de Maruja a Mantida á categoría de redactora culinaria da web máis vista da Costa da Morte. Pulsa na imaxe para que se che faga a boca auga ca 1ª receta oficial de camarinas.eu.
Tortilla de travesas (Fellados de talladas)
A primeira comida elexida por Maruja para celebrar o seu ascenso no
escalafón da páxina máis vista da historia da Costa da Morte fui un
clásico obrero e campesino: Tortilla de travesas, tamén coñecida como
"Fellados de talladas". Coa axuda inestimable na preparación e
condimentación de tan suculento manjar de Marisa, María Pilar e como non
Gelinita, Maruja púxose mans a obra con productos de primeira calidade:
ovos da casa e touciño afumado de modo artesanal nos fríos intensos e
siberianos da parroquia vimiancesa de Carnés, feudo inexpugnable do
noso admirado Alessandros, rexidor único e perpetuo do querido concello
limítrofe (vai haber que ir pensando en retomar a sección Claves...). O
acompañamento elexido pola nosa flamante redactora foron pimientos de Padrón
de Buría, o novo producto con denominación de orixe que acaba de irrumpir de
forma impactante no mercado internacional pimenteril e pimentos
italianos importados expresamente da rexión da Toscana, tamen de Buría.
Un plato humilde, señores, que requiere pouco tempo de preparación e cocción, con productos económicos e polo de agora o alcance da maioría das posibilidades pecuniarias dos nosos queridos usuarios que pode axudar a sobrelevar estos días de fame e frío que se aveciñan. Un plato que fixo que os parroquianos do Arnela deste venres noite se chuparan os dedos e non deixaran literalmente nin raspa. Uns asistentes entre os que se encontraban o noso querido (aínda que parezca increíble) veciño de Corea J.A.; Luis Esteiro Ramos, redactor de cine de camarinas.eu, que recluido na súa casa do paradigmático barrio camariñán do Castillo (a excepción que confirma a regla) prepara o asalto aos cruciais exames de decembro que lle permitirán obter a Diplomatura na difícil carreira de Económicas; os nosos usuarios Manuel de Lin e o Estudiante que celebran este 15 de novembro o primer aniversario da súa posta en liberdade e da máis impresionante explosión de felicidade popular que se vío na historia deste concello cando preto de 1.000 persoas se botaron ás rúas tal día como hoxe fai un ano, e tamén un novo veciño chegado recientemente a Camariñas cun pintoresco mostacho que ao parecer vive nunha illada fortaleza preto de Portoselo, protexido por fieros cans asesinos, ex-capitán secreto da Guardia Civil según se rumorea e que nas súas épocas de destino en Suiza chegou a facer doblar a rodilla ao mesmísimo Vladímir Putin, actual Primer Ministro da Federación Rusa, nas épocas nas que éste traballaba de espía do KGB na Alemania Oriental (noticia que será analizada en detalle nunha das próximas edicións da nosa sección "Noticias Destartaladas"). En fin, amigos, outro típico banquete suculento do Arnela. Non podía ser menos si nos fogóns se atopaba nin máis nin menos que Maruja a Mantida, a nova redactora de gastronomía de camarinas.eu.
Comentarios
PASADELO PIPA,JAJA.
UN SAUDO PARA TODOS.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.