Como na película de Spielberg os marcianos xa tomaron posesión da montaña mortal: a nova Torre do Diábolo
Como na película de Spielberg os marcianos xa tomaron posesión da montaña mortal: a nova Torre do Diábolo

Encuentros en la Tercera Fase

De forma sixilosa e sospeitosa, sen que ninguén saiba moi ben como nin cando, unha estraña montaña semellante a Torre do Diablo (Devil´s Tower), aquela á que acudían centos de persoas abducidas polos extraterrestres no film de Steven Spielberg "Encuentros en la Tercera Fase", fixo a súa aparición no paradigmático barrio do Castillo, auténtico feudo inexpugnable do socialismo camariñán, un barrio que vota como un só home ao ritmo dos tambores electorales. A investigación minuciosa levada a cabo polos servicios informativos de camarinas.eu une a aparición desta misteriosa montaña máxica ca redacción do futuro Plan Xeneral de Ordenación Municipal (PXOM) nun expediente de tintes paranormais.

Cando hai un mes atrás aconteceu toda aquela movida do famoso iate holandés L´Hirondelle e na que algúns tan boas migas fixeron con persoas sospeitosas de narcotráfico masivo, camarinas.eu prometío a creación dunha sección chamada "Noticias Destartaladas", unha sección de periodismo científico e investigador, tamén filosófico, que analizaría as razóns ocultas dos fenómenos inexplicables que aconteceran no noso concello baixo unha óptica distinta, unha óptica destartalada. Pois ben, aquí está a primeira e suculenta ración desta forma de entender o xornalismo profesional.

Unha vez avisados polos veciños do barrio do Castillo de que alí surxira da nada unha montaña misteriosa, camarinas.eu tras unha investigación exhaustiva na que non quedou nin un so palmo de terreo sin comprobar, chegou á conclusión de que a única explicación posible a este fenómeno paranormal, un auténtico Expediente X Camariñán, estaba no famoso film de Steven Spielberg "Encuentros en la Tercera Fase" (1977). Ambientada no Estado soberano de Wyoming, nos agora ben vistos Estados Unidos de Norteamérica do noso novo amo y señor Obama Hussein, a película fala de como centos de cidadáns anónimos acudían abducidos pola chamada dos extraterrestres cara a Torre do Diablo (Devil´s Tower), o que foi declarado polo Congreso norteamericano "Monumento Nacional dos USA" alá polo 1906. Pois ben, aquí está a explicación queridos amigos: Os marcianos decidiron atacar neste paradigmático barrio camariñán mediante a construcción dun mortal acelerador de partículas que faga desaparecer enteiro dun bocado a tan emblemática calle solucionando desta forma posibles e hipotéticos problemas derivados da redacción do futuro Plan Xeral. Un barrio que debido ás súas peculiares características urbanísticas no seu momento chegou a tumbar él só todo un PXOM dos tempos do ex-alcalde Bautista. ¿Atraveranse estes marcianos con este barrio crucial, o auténtico graneiro de votos do socialismo no Concello de Camariñas? Nos creemos que non.

Por outra banda estes extraterrestres, ladróns de tumbas (ou de barrios) chegados do terrorífico espacio exterior, comezaron xa a cobrar ou seu tráxico tributo de sangue e así, aos pes desta monstruosa montaña máxica aparece xa a primeira tumba anónima. ¿Unha tumba humana? ¿unha tumba dun animaliño? ¿ou trátase da tumba dun extraterrestre morto durante os faraónicos traballos de construcción do terrible acelerador de partículas microscópicas oculto dentro da montaña? ¿Restos da Guerra Civil? Non podemos aseguralo, pero dende aquí facemos xa a urxente petición de que se proceda a exhumación dos restos da tumba, esixindo que tome cartas no asunto o xuez estrella da Audiencia Nacional Baltasar Garzón para que desta forma se recupere a Memoria Histórica e se faga xustiza cos represaliados no terrible e sanguinario Alzamento Nacional de 1936 (tamén chamada Guerra de Liberación por un dicharachero e xovial xubilado de 82 anos, xa algo pasado de viños tamén, porque si non non se explica que nos tempos que corren alguén no seu sano xuizo se atreva mínimamente nin tan siquera a murmurar (ou pensar) semellantes palabras para referirse a tal acontecemento histórico).

En fin queridos usuarios, vivimos días extraños... ¿Declarará o concello a nova Torre do Diábolo Monumento Nacional a semellanza do ocurrido no Estado de Wyoming hai máis de 100 anos...? ¿Farán os marcianos un partido independiente e intergaláctico para presentarse polo barrio do Castillo? ¿Levarán nas súas filas aos desheredados do socialismo camariñán? ¿Terá algo que dicir o noso querido Alcalde soneirán Alejandro Rodríguez neste caso? ¿Que será do seu irmán? ¿De que parte da galaxia interestelar provén Alejandro? Calqueira cousa pode pasar nestes días nos que un tal Obama Hussein puido chegar a ser o amo do mundo (The World is Yours...).

{multithumbs}

Comentarios   

trintadousventos
+1 # RE: Noticias destartaladas: Unha montaña aparece en Camariñastrintadousventos 08/11/2008 00:11
Estades como putas cabras, mas o menos como o Garzon ese, de todas formas aljo aprendin deste reportaxe,,,o tema dos votos.jejeje
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
+1 # RE: Noticias destartaladas: Unha montaña aparece en CamariñasSalaño 08/11/2008 12:14
jajaja!!, xenial!!, absolutamente xenial!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
pepewells
+1 # RE: Noticias destartaladas: Unha montaña aparece en Camariñaspepewells 08/11/2008 13:52
La genialidad y el talento son obsequios que Dios regala a unos cuantos elegidos para solaz y divertimiento de la mayoría. Algún día nos daremos cuenta los camariñáns de la fortuna enorme, inconmensurable , de que una página como camarinas.eu le hubiese cupido en suerte a esta villa marinera. Simplemente genial hasta la última palabra, la última coma, la letra final. El mejor relato de ciencia-ficción leído por Pepewells en los últimos tiempos. Gracias otra vez por semejnate don de los cielos. Que dure.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 09/11/2008 17:09
A vosa capasidad de imaginasión que tendes e criminal, creo que fóstedes abdusidos o que pasa que non sei en que momento vos ocurrio, espero que apróxima ves que vos pase nos lo volvades a contar,
Responder | Denunciar ante o administrador
xan das bolas
+1 # RE: Noticias destartaladas: Unha montaña aparece en Camariñasxan das bolas 10/11/2008 11:11
Bueno, bueno pues habrá que hacer como Mahoma e ir a la montaña a ver que pasa, si notamos algo paranormal, o algún otro síntoma relacionado con el fenómeno extraterrestre, cualquier día nos mostrais imagenes de ovnis con pegatinas socialistas, jajaja.
Fantástico, sencillamente genial, un relato de una mente privilegiada.
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
+1 # fenómenoslusina 10/11/2008 11:36
hay que recoñecer,que redactores é imaxinación coma os de esta páxina,non hay en toda volta da redónda,sólo un gran escritor tén que facer esto,gracias por ser tán bos,sondes uns fenómenos
Responder | Denunciar ante o administrador