3.7380952380952 1 1 1 1 1 Rating 3.74 (84 Votes)

Os tres ánxeles rubios que subiron ao ceo...

Nunca esperaría ver Antonio Jesús a estes tres ánxeliños polo túnel do amor
Nunca esperaría ver Antonio Jesús a estes tres ánxeliños polo túnel do amor

Á vista dos antecedentes e agora que o noso querido amo Obama gañou as eleccións en USA imos darlle unha pequena homenaxe e aplicar unha das máximas xurisprudenciais americanas, aquela que di que calquer antecedente convírtese en lei. Por eso do noso querido archivo secreto e prohibido extraemos unhas imaxes que farán as delicias dos miles de usuarios de camarinas.eu: as dos nosos tres queridos ánxeliños teutónicos cos cales tan ben o pasou esta redacción masculina nos míticos días de septembro de 2008 nunha destartalada roulotte no barrio de Corea, días nos que o noso amo Obama Hussein xa sabía que ía a gañar as eleccións USA. Pulsa nas fotos que os nosos queridísimos usuarios Antonio Jesús e Cristinita nos permitiron rodar alegremente en setembro do 2008.

Deutschland in the top of Camariñas...

Como ben di a nosa sagrada redactora audiovisual Sefa, a Reina dos vídeos de Youtube, o Faro Vilán é patrimonio de tódolos camariñáns, non só duns poucos que o  pretenden utilizar para uso exclusivo. Por iso non podíamos deixar de amosarlle a toda a nosa querida emigración, centos e centos de almas galegas que traballan anguriadas lonxe da súa terra amada, o pedazo da Costa da Morte máis fermosa según a enquisa realizada pola edición de Carballo de La Voz de Galicia: a franxa atlántica que vai do Faro Vilán ata Monte Blanco.

Falaban por ahí dunha prohibición de acceso á cúpula do faro, pero nós non podíamos creer en semellantes infundios descabellados, por iso aproveitando as imaxes sacadas por esta redacción coas tres ninfas teutónicas en setembro do 2008 na cúpula máis famosa de toda a franxa atlántica galega, a Cúpula do Faro Vilán, camarinas.eu decide publicar unhas fotos de calidade excepcional, profesionais, artísticas, con tres modelos de raza aria que xamáis esquencerán a viaxe realizada ao máis fermoso dos pobos do confín atlántico europeo: Camariñas. Unha reportaxe iniciada no Café Bar Arnela e que tivo como meta final unha cúpula elevada a máis de 100 metros sobre un mar tenebroso, o mar da Costa da Morte. Un pequeno agasallo desta humilde redacción aos nosos usuarios da emigración neste día de celebración na redacción de camarinas.eu.

P.D: Esta redacción quere agradecer especialmente a Antonio Jesús e Cristinita a axuda prestada aos medios cibernéticos de Camariñas para a realización de reportaxes fotográficos e auduovisuais de calidade (polo menos este, do resto xa non nos facemos responsables). Gracie, bambini!!

Comentarios   

rubiasexy
0 # rubiasexy 05/11/2008 21:31
muy bonitas fotos do noso faro estan dinas de ber e tan bonito como os que esta dentro do faro viva camariñas e esas tres rubias tan juapas e marcos e diego fasedes majas sefa e os pedros muitas grasias e polo da reina dos vidios jajaj
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 05/11/2008 21:32
feliz cumple Diego que opases ven chauuuuuuuuu viva todos
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 05/11/2008 23:30
O sitio mas bonito da coosta da morte.
Felisidades Diego que cumplas muitos más e viva Camariñas.eu.
Responder | Denunciar ante o administrador
pili_camariñas
0 # mira eles!!pili_camariñas 06/11/2008 20:43
mira eles q ben o pasan cas pipelas eh!! si señor wapisimas!! jajaj
Responder | Denunciar ante o administrador