4.7361111111111 1 1 1 1 1 Rating 4.74 (72 Votes)

Aquela asociación chamada As Baleas

Imaxe do Tío Diekt como Presidente de As Baleas que recorda remotamente as poses clásicas de Lenin
Imaxe do Tío Diekt como Presidente de As Baleas que recorda remotamente as poses clásicas de Lenin

Corría o ano 2002 cando un grupo de inquietos xóvenes camariñáns decidiron poñer en marcha unha asociación para, aparte de ter un local onde poder reunirse, dar saída as distintas inquedanzas culturais e sociais que os animaban dando desta forma un novo impulso ao Concello de Camariñas dende unha óptica distinta: a óptica da xente nova. Como primer presidente a citada Asociación Cultural Náutico Deportiva e Instructiva contou nin máis nin menos que con Diego Alonso Freire. Sin embargo, un día mediante un golpe palaciego foi desaloxado do poder o noso querido e tiránico director por un oscuro persoaxe chegado de fóra do Concello. Poderás ler a crónica completa e ver unha amplia galería fotográfica no interior desta noticia.

Si hoxe un rastrexa por internet poderá comprobar que o nome completo da citada asociación era o de "Asoc. ACUDENAI As Baleas"; que a súa dirección era a de Lugar Area da Vila, Avenida da Coruña, nº74, sótano, para entendernos o local que o noso querido amigo, o tamén Presidente neste caso do Casino Triñáns posúe debaixo de Protección Civil; que a súa forma xurídica era a de "Asociación y no definidas"; e que a súa actividade era a de "Salas de baile y discotecas" (ahí queda eso), o cal tampouco está moi reñido ca realidade dado as increíbles e apocalípticas festas que se montaron alí dentro polos asociados.

É de destacar que dende o Concello de Camariñas calibraron ben a importancia deste ilusionante proxecto que abrían aquel hetereoxéneo grupo de rapaces camariñáns e así dende un principio o apoio foi máximo, como ben ilustran as fotos da inauguración oficial do "club", tal e como era coñecida a asociación pola meirande parte dos seus integrantes, ca presencia na mesma de Marisol Soneira Tajes (PSOE), de Daniel Rego González (PP) ou María del Carmen Caamaño de León, Carmucha, a primeira muller socialista do Concello de Camariñas. Tamén Pichurri, actual Alcalde do Concello, axudou entón en todo o que puido e advertío seriamente sobre a inclusión na asociación de certo personaxe que despois efectivamente demostrouse como nefasto. Como primer presidente os socios elexiron nada máis e nada menos que a noso director Diego Alonso Freire, o cal nas fotos recorda nalgunha das súas poses ("¡Hai que axudar ó Club!") ao Lenin dos primeiros anos de construcción do comunismo na URSS, tanta era a ilusión deste home. Pero un día apareceron negros nubarróns chegados de fóra do Concello e tralo que se pode denominar un lamentable malentendido, tivo lugar un breve paréntesis no que o tío Diekt foi desaloxado do mando por "un amigo seu" (despois plagiador profesional de noticias e de todo) ao que el mesmo introduxera na asociación. Finalmente, a asociación retornou a mans de xente do pueblo cunha candidatura integrada casi totalmente por mulleres e que foi a encargada de dirixir con timón firme "As Baleas" ata o seu final.

Para a historia quedan iniciativas ilusionantes que redundaron no beneficio xeral de todo o Concello como a exposición de fotos históricas que tivo lugar na Casa de Pedra cun éxito clamoroso de público e de organización, a organización dun Campionato de Axedrez no Casino, ou o concerto lamentablemente pasado por auga que o xoves 17 de abril de 2003 e no marco da XIII Mostra do Encaixe estes valentes xóvenes camariñáns organizaron na Praza do Mercado de Camariñas en Homenaxe a tódolos voluntarios que se implicaron nas tarefas de limpieza de chapapote como consecuencia do verquido do Prestige. E tampouco podemos olvidar a máis orixinal e pioneira iniciativa desta asociación que con motivo de non coller os coches na fin de semana decidíu en asamblea informativa alquilar todos os fins de semana un autobús para dirixirse sen perigo de accidente cara o seu lugar predilecto de movida: Ponteceso. Algo parecido ao noitebús da nosa querida Xunta de Galicia, pero funcionando correctamente e sin despilfarros.
Nas súas boas épocas, o número de socios rebasou con moito a cincuentena e entre eles podemos atopar a grandes amigos ou usuarios de camarinas.eu como Isabel de Iberia, Gerpe, Elba, Luis de Kecha, Ángeles, Daniel Cabrejo, Josiño, Alex, Roberto do Catalán, Luis Más, Diego Laranjo, Raquel do Meu Lar, o anteriormente citado Diego ou o noso redactor cultural Marcos Vázquez Campaña, entre outros, rapaces en definitiva que hoxe en día ano arriba ano abaixo andan pola treintena. Así pois, é xusto rendir unha pequena homenaxe a todos aqueles xóvenes camariñáns que un día a comenzos do ano 2002 embarcáronse nun proxecto ilusionante e pioneiro que pode servir de exemplo ás novas xeracións ou (¿quen sabe?) si o día de mañán pode coñecer unha reedición.

P.D.: Esta redacción quere agradecer especialmente a perfecta conservación da memoria histórica da Asociación As Baleas á nosa querida amiga Isabel de Iberia, depositaria durante todos estes anos das fotografías que ilustran unha etapa clave da historia do asociacionismo camariñán, así como a amabilidade e predisposición para cedernos as citadas imaxes. Así, desta forma aforramos o traballo ós plagiadores profesionales, que xa saben a onde dirixirse para copiar tamén esta noticia e eso a pesar de que levan xa 1.000 días ("en liberdade").

Comentarios   

Rosa
0 # Rosa 22/10/2008 11:36
Que tempos aqueles¡¡¡mira que o temos pasado ben¡¡Tes rason Diego que nos escajallaron a palla quen nunca debio haber entrado na asosiasion,que era pos amijos.Que ilusión tiñamos cando empesamos,para min fomos a asosiasion mais activa que tuvo este consello,en pouco tempo fixemos unha pila de cousas.Que pena que todo acabase.
Responder | Denunciar ante o administrador
Pion
0 # Pion 22/10/2008 11:44
porque non volvedes a intentar faser a asosiasion outraves?
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 22/10/2008 12:08
Si Señor Diego, mereces máis de un homenaxe, sempre tendando dinamizar o teu pobo... ¿Seguro que non se pode relanzar esa iniciativa?...

En todo caso, como director desta magnífica web, convírteste unha figura exemplar, e que xa che digo dende agora que fas moito máis por Camariñas do que poden chegar a facer os grupos políticos, sexan da ideoloxía que sexan, , e tamén o resto que facedes Camariñas.eu (Marcos, Luis, pero tamén sen dúbida, Lucía, Adriana, Mantida, Gelinita...), espero que algún día vos recoñezan os vósos esforzos.
Responder | Denunciar ante o administrador
toxo
0 # toxo 22/10/2008 12:59
QUE IMPRESION DOUME VER A DIEGO SIN OS ANTEOJOS !!!!!!
CASI IRRECONOCIBLE!! !!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
zhúkov
0 # zhúkov 22/10/2008 14:56
¡¡Eh!! Eso de "un oscuro persoaxe chegado de fóra de Camariñas", ¿non irá por min non? ¡¡Mirade que eu dentro da Asociación non fixen ningunha das miñas!! Joder, como se pasan estos tipos da página, jajajajjj
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 22/10/2008 15:47
hay que intentar faser outra sinon e ijual pos que sea paresida pero ca condisión que non veña nadie de fora a meter a pata.
Toxo, Diego as jafas ahora creo que as ten pejadas na cabesa,
LLucof, ti sejuro que estabas en Rusia.
Responder | Denunciar ante o administrador
Rueironovo
0 # Rueironovo 22/10/2008 16:04
Como desia aquel cantar "como han pasado los años las vueltas que da la vida" inda parese que foi onte e canto camviastedes,di fisil sera que fajades outra asosiasion coma esta ,uns tirastedes pa norte e outros pa sur ,pero fui un soño bonito mentres durou.
Responder | Denunciar ante o administrador
viceversa
0 # viceversa 22/10/2008 21:38
UNha iniciatiba que tubestedes e a cal me justou e muitisimo fui a exposicion de fotos, o do oscuro personaje non teño nin idea quen e, e o da asociacion eu creo que era unha escusa pa emborracharse as ajachadas,jjeje je..e broma...tamen pa miña idea fostedes os creadores do primerio nuitebus da costa da morte, asi que un dez pa todos aqueles jovenes hoxe xa carrozas..jejej ej..e broma.....e broma ...jejeeje.o da broma e broma.jejejej
Responder | Denunciar ante o administrador