- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 01 Outubro 2008 01 Outubro 2008
Un día en A Coruña

Só estas dúas mulleres podían emular a Frank Sinatra e Gene Kelly cun certo talento
Como camarinas.eu é sen dúbida a web da provincia da Coruña que máis espacio, tempo e recursos adica a contenidos de carácter cultural decidimos aproveitar o talento e a fermosura das nosas dúas redactoras Lucía e Adry para recrear o célebre musical norteamericano dos anos 40 "Un día en Nueva York" interpretado por dous mitos do calibre de Frank Sinatra e Gene Kelly, propoñéndolles que visitaran a cidade herculina para nun só día e a través dunha maratoniana xornada fotográfica percorrer o maior número posible de enclaves turísticos para levar unhas imaxes cas que alegrar os lonxanos fogares de tódolos usuarios e lectores de camarinas.eu na emigración. Pulsa na foto para ver unha amplia galería fotográfica dunha das cidades máis fermosas do mundo: A Coruña.
On the town (Un día en A Coruña)
En 1949 o cine musical sufría un forte impulso da man de "Un día en Nueva York" (On the town) un film optimista e vibrante, dinámico, tal e como correspondía a unha nación que acababa de gañar a Segunda Guerra Mundial e estaba a disfrutar dun dos maiores períodos de prosperidade económica da historia. O film dirixido por Stanley Donen e protagonizado polas dúas maiores estrelas do momento neste xénero de cine, Frank Sinatra e Gene Kelly (que ademáis co-dirixía a película), narra as peripecias que experimentan durante un frenético permiso de 24 horas tres mariñeiros da Flota de Guerra Norteamericana que pasan un día na cidade dos rañaceos, atopando tres belezas femeninas que farán que algún deles incluso sea devorado polo monstruo do amor.
Decididos a recrear tal magno film, a redacción de camarinas.eu decidío propoñer ás nosas dúas redactoras que interpretaran á súa maneira a película de Stanley Donen a través dunha viaxe non de 24 pero si de 12 horas cas que encher a retina de fotografías de calidade que levar aos fogares da nosa querida emigración, amosando ao resto do mundo a beleza inagualable da nosa amada capital herculina. Os puntos elexidos polas nosas dúas belezas camariñanas foron o Porto, a Torre de Hércules, a Domus, o Monte de San Pedro, etc... Tal vez bótanse de menos outro enclaves especialmente significativos da cidade como o romántico Xardín de San Carlos, onde xace a tumba do Xeneral británico John Moore e lugar perfecto para os enamorados ou a Praza de Azcárraga, en plena Cidade Vella. Pero, xa se sabe, nun día non daba tempo a ver tódalas espectaculares belezas que encerra A Coruña. Por eso, vaille que nin pintado o estribillo da principal canción deste clásico inmortal do cine musical:
"The famous places to visit are so many...
...in just one day...
...in just one day...
New York, New York
is a wonderful town"
is a wonderful town"
Comentarios
Coruña, una bonita ciudad y aún más con éstas dos chavalas que hacen de la Coruña un lugar único.
Yo soy de Ribadesella, chicas estais invitadas.
Es un lugar muy bonito, con muchas cosas que ver, no os lo penseis dos veces y veniros que aquí os espera un Asturiano.
Saludos.
e o asturiano, dirás vuestra provincia, pos virás por camariñas que vas ir inchado de tanto comer, e trainos un par de botelliñas de sidra.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.