3.9367088607595 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (79 Votes)
A semana pasada a redacción de Camarinas.eu recibía un correo da productora Plató 1000. A misiva encheu de ledicia a esta redacción xa que a dita productora, que traballa para a Televisión de Galicia, pretendía realizar unha pequena reportaxe sobre unha das noticias que publicara Camarinas.eu hai uns meses. "Mensaxe nunha botella", a noticia que nos puxo en contacto co rapaz francés Romain Chavantré, era a nova que a TVG quería recrear nun pequeno documental para un programa infantil chamado "O País dos ananos".

Este martes 23 de setembro sobre as 4 da tarde chegaba o equipo da productora encargada de realizar a reportaxe ao Bar Arnela, onde esperábamos xa impacientes os que ibamos a ser protagonistas deste: Un rapaz da Ponte do Porto chamado Daniel, Diego Alonso e o que iba a facer de pescador que atopou a botella interpretado maxistralmente por José López Vázquez "Molina". Así, despois de tomar uns cafés e unhas manzanillas dirixímonos ao primeiro lugar onde se produxeron os acontecementos desta pequena aventura: A Punta do Boi, donde foi atopada a botella coa mensaxe que Romain arroxou ao mar na lonxana cidade de Olone Sur Mer, en Francia. Alí, Molina, interprentando ao pescador que atopou a botella fixo un papel digno do millor actor de Hollywood. Despois fixo a súa aparición estelar o noso director que, tras varias miradas ao obxectivo da cámara levando a todo o equipo a repetir varias veces a misma escena, logrou balbucear un par de palabras que rapidamente serán borradas trala post-producción

Despois desta escena marchamos cara o paseo marítimo de Camariñas onde fixemos outra serie de esceas ante a atenta mirada de tódolos transeúntes camariñáns que por alí pasaban. Foi aquí onde entrou o neno, Daniel, que facía de fío conductor da historia facendo varias preguntas ao noso sobreactuado director que finalmente, recordou varias escenas do mellor Marlon Brando pero nada fixo, debido a que naquel frenético momento vía todo borroso.

Ao final da reportaxe fíxose na Ponte do Porto onde nos esperaba Marie France (a traductora da carta que nos mandara Romain Chavantre) e alí xa foi todo un recital de interpretacións por parte do noso director. Pois xa vedes, unha das increíbles historias que vos contamos en camarinas.eu foi utilizada para realizar un pequeno reportaxe por parte da TVG que pronto sairá a luz e do cal vos teremos ben informados proximamente.

Noticias relacionadas coa "Mensaxe nunha botella" de Romain Chavantré

Comentarios   

mantida
+1 # RE: Reportaxe da TVG sobre camarinas.eumantida 24/09/2008 21:29
As fotos como siempre muy bonitas, creo que Molina xa e famoso. Esperaremos por más notisias.
Denunciar ante o administrador
isa
+1 # RE: Reportaxe da TVG sobre camarinas.euisa 25/09/2008 00:39
mui bonita a reportaxe vese que meu tio o molinero se esta fasendo famoso jeje bueno suerte e saludos a familia
Denunciar ante o administrador
fabio
+1 # RE: Reportaxe da TVG sobre camarinas.eufabio 25/09/2008 09:52
MOLINA SA TEN PINTA DE ATORASO, PARESE UN VAQERO DAS PELICULAS DO OESTE,ABER DIEGO SI NOS PODES DISIR O DIA QE BAI SALIR O REPORTAGE NA TELEVISION.AS FOTOS TAN MUI BEM
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+1 # RE: Reportaxe da TVG sobre camarinas.eurubiasexy 25/09/2008 15:44
mima pepe baste faser famoso estas juapo co tei sombreiro e sefa besiño esooooooooo
Denunciar ante o administrador
pepewells
+1 # RE: Reportaxe da TVG sobre camarinas.eupepewells 25/09/2008 21:10
Poco a poco, paso a paso, vamos subiendo peldaños, con decisiones erradas no nos creemos enemigos innecesarios en esta jungla salvaje del periodismo. Hoy es la TVG la que echa mano de camarinas.eu, mañana puede ser cualquier otro medio.
Denunciar ante o administrador
JABA
+1 # \"DANDO IDEAS PA T.V.G\"JABA 26/09/2008 00:38
¡Hai Diego,xa publikaras na paxina o dia e hora ke emiten este programa,non mo kero perder!esta paxina xa dou un jran salto a fama!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.