3.9367088607595 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (79 Votes)
Molina, un moderno cowboy, a lomos dos seus fardos de etiquetas tabaqueriles
Molina, un moderno cowboy, a lomos dos seus fardos de etiquetas tabaqueriles

Fardos ... de etiquetas de Tabaco

A verdade é que o Café Bar Arnela aporta a camarinas.eu máis noticias que cuarenta tanatorios xuntos. O caso é que entras un día calquera alí para tomar un refrigerio (cubateril ou non, de feito os que se dedican á sufrida e nunca ben remunerada función pública toman café) e sales cunha noticia feita. E verídica, sin contraanálisis. Este foi o que sucedeu cun dos clientes míticos do Arnela, José López Vázquez, alias "Molina", o cal gardaba en secreto na súa casa un importante alijo de fardos de ... etiquetas de Tabaco. Nova reportaxe de Camarinas.eu sobre o posible récord Guinness que estuvo larvándose en secreto nestes últimos tempos na vila milenaria de Camariñas.

Cando alá en 1952 na señorial vila de Betanzos á idade de 12 anos un José López Vázquez que comenzaba a traballar de criado collío por primeira vez entre os dentes un pitillo, non podía imaxinar que 56 anos despois ía a reunir nuns ben apretadiños e prensados fardos centos e centos de miles das etiquetas impositivas que as caxetillas de tabaco traen consigo, non só para acreditar ante as autoridades tributarias do noso país o patriotismo económico dun Molina que xamáis fumara tabaco de contrabando, senón tamén para conseguir con elas un pequeno "obsequio" que lle permita darse unha máis que merecido homenaxe.

O número de etiquetas reunidas por Molina é inxente, se ben o noso querido amigo tras calarse un sombreiro de cowboy que "ten máis de 60 anos, posto que xa pertencío ao meu pai", déixase levar polo entusiasmo  do récord acadado e asegura sen pestañear que o número de etiquetas chega "aos 12 millóns de unidades" reunidas en ano e medio por Gelinita que pacientemente lle gardaba as etiquetas de toda cajetilla que caía nas súas mans no Arnela e polo propio Molina escarbando en tódolos paquetes que encontraba tirados polas calles de Camariñas sobre todo nos seus paseos ata Area da Vila.

Pero o problema é que Molina non sabe a quen lle ten que mandar as citadas etiquetas para recibir un máis que merecido estipendio: ¿a Hacienda? ¿a Tabacalera? Por eso solicita axuda de quen lle poda indicar con exactitude o lugar de destino das mesmas. En canto ao regalo, nada quere saber dunha silla de rodas, que solía ser o regalo habitual nestes casos, xa que según el mesmo afirma (e esta redacción da fe delo) atópase como un chaval. Agora ben, que temblen os cimientos de Tabacalera Española: como Molina non reciba o seu "obsequio" amenaza con deixar de fumar a súa cajetilla diaria de Chester. Unha vez xa estivo seis anos sin fumar, pero agora a súa cólera podería ser terrible...Tabacalera (agora Altadis) podería perder ao seu mellor cliente.

Comentarios   

Machote
0 # Machote 23/09/2008 11:40
bravo molina eres un campeon que axa sorte e che den esa silla de rodas para empujala e vaixar a barriga.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 23/09/2008 12:16
Machote, él non quere a silla de rodas porque di que de momento non lle fai falta, falas da barrija, pero él di que xa adeljasou 23 kilos de tanto baixarse a coller as cajetillas que estaban tiradas polo chan e más de tanto andar pa encontralas e quitarlle os papeliños.Desir lle os de tabacalera que Molina merese un bo premio, tamén dixo que se lle rejalaban cartos que estariamos todos invitados a unha sena.
Responder | Denunciar ante o administrador
eloy
0 # No es mala idea¡¡¡¡eloy 23/09/2008 13:25
A mi personalmente no me parece mala idea, tampoco me parece absurdo, todo seria cuestion de consultarlo y a lo mejor es el primer recordman de toda la costa da morte. Ánimo
Responder | Denunciar ante o administrador
rubiasexy
0 # rubiasexy 23/09/2008 15:59
si señor siempre sorpresas no arnela que juapo esta pepe e bueno mentes podas andar non queiras silla asilla solo para sentarse acomer mima en ora boa con tan tas etiquetas sefa e os pedros viva camariñas eu
Responder | Denunciar ante o administrador
Kalaña
0 # impresionanteKalaña 23/09/2008 18:31
mira q ai q ter pasensia pa jardalos eh,pero we,e un recor
si señor sije asi e adeljasache + a barrijiña jajaja
saludos a tod@s q vos vaia bonito
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 24/09/2008 12:22
AHI QE DISIR QE ESTE MOLINA ECHE O MASIMO,EU NOM SEI ONDE AHI QE MANDALAS ETIQETAS,SI ALJEN SABE QE LLO DIJA OOO!!
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Tabaco rubioBeldoña 26/09/2008 22:15
Hola Molina:Pode que alguhas das primeiras cajetillas de rubio que recolleches do chán,foran ás miñas,pois recordo que tamén eu fumeaba ná casa de Gervasio,en Abegondo,onde coisidomos naquél entón.O que eu non sabía era esa afición tua.Supoño que empesarías ajachándo os cartóns para que non che viran fumar,e,pouco a pouco,atopáchet es por casi non caber na túa propia casa.
Felicidades amijo
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador
Beldoña
0 # Tabaco RubioBeldoña 27/09/2008 12:11
Recordando...re cordando:Entend o ajora ó porqué Gervasio e a mestra Dña Amalia,me desían en Abegondo que "o teu paisano era un pouco vajo,pois non fai más que queixarse do lombo.De sejir así,vaille sair a cherepa coma a seu amo."
Antonio
Responder | Denunciar ante o administrador