- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Setembro 2008 04 Setembro 2008
Unha muller pesca un billete de 50 euros en Camariñas

Este peixiño inanimado trouxo consigo 50 euros ben cremosos
Pensábamos que dende que o noso usuario Mario pescara un calamar de cerca de 10 kilos en Fuerteventura xa viramos todo no relativo á pesca, pero o fondo do mar non para de mostrarnos máis curiosidades. Este luns pasado e en presencia de toda a parroquia calamareira que se concentra no Muelle Novo de Camariñas cada noite, unha coñecida muller camariñana trouxo dende o fondo do fangoso mar do novo peirao camariñán algo que non esperaba pescar en toda a súa vida. A pesca desta muller foi nin máis nin menos que un billete de 50 euros ben encartadiño.
Hoxe poidemos falar con varios testigos do feito que nos xuraron que eles mesmos pensaban que era un algaso ou un cartón pero que cando a muller quixo limpar a potera douse conta, ao mesmo tempo que todos os alí presentes, que se trataba dun billete de 50 euros. Foi a millor pesca que capturou na súa vida seguramente e todos os calamareiros puxéronse nese momento a rastrear o fondo a ver si tiñan a mesma sorte. Non foi así. Desde camarinas.eu xa poidemos falar coa agrciada pescadora que nos contou toda a historia. Pulsa na foto para saber quen é.
Esta é a pescadora de calamares máis afortunada

Un calamar coma este foi o que capturou a nosa pescadora máis afortunada este luns en Camariñas
Pois si, todos a coñecedes ben. A agraciada pescadora que sae na portada desta noticia e María a muller de Julio de Melania que conseguíu pescar o pasado luns un billete de 50 euros. Hoxe puidemos estar na súa casa onde nos contou con todo detalle o que lle aconteceu fai uns días. Ela díxonos que estaba a pasar un cachiño nos calamares coa súa filla e o seu home mentras estaba a conversar cuns amigos madrileños (María tamén é madrileña) cando o seu home lle recriminou que non falara tanto e que pescara máis. Ela, que xa tiña a potera no fondo, empezou a recoller a liña e nese momento comezou a notar que algo máis viña acompañando ao seu xa vello peixiño. O caso é que todos os alí presentes estaban pensando que das profundidades do muelle sairía un calamar chorreando tinta... ¡E VAIA CALAMAR! Despois, o home de María tivo que escuitar as mofas da súa muller: ¡Ves Julio! Esto si que es pescar!!
Comentarios
P.D.: vaia olfato xornalístico o do noso director, non se lle escapa unha noticia, ¡qué tío!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.