- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 31 Agosto 2008 31 Agosto 2008
Fotos do archivo privado de Gelinita

camarinas.eu sigue ca homenaxe ás mulleres-heroína que fixeron posible a celebración e o éxito da Cena 1º Aniversario de camarinas.eu, cunha asistencia de máis de 100 persoas, adicándolle desta vez o Fotos Históricas á usuaria máis importante da web que ela contribuío a facer como a máis importante da Costa Atlántica: María Angeles Pasantes Carril, Gelinita, a dama camariñana que rexenta o Café Bar Arnela, o epicentro xornalístico de camarinas.eu. Como será a súa importancia que cando hai xa un tempo estropeouse o ordenador do Arnela, os redactores quedaron temblando. Pulsa na foto para ver as 12 mellores fotos históricas que atopou a nosa redactor Lucía no arquivo privado de Gelinita.
Fotos do archivo privado de Gelinita
É difícil precisar con exactitude o momento no que empezou a historia de amor entre camarinas.eu e o Café Bar Arnela. Foi algo imperceptible, que acontecío sen que nos déramos conta. Xa levábamos uns cantos meses de andanza, con toda aquela terrible guerra de desgaste derivada da detención e encarcelamiento dos irmáns Lin, cando resultou que había un bar en Camariñas, o Arnela, no mítico e peculiar barrio de Corea, onde tíñamos unha lexión de fieles seguidores.
Porque así é Gelinita, sempre calada, sempre respetuosa, sempre tranquila, pero cun poder e unha forza interior que poden facer que un reproche seu ou unha mala mirada como consecuencia a unha mala acción, poidan deixarche cun cargo de conciencia para o arrastre. Mellor non facemos a proba. Cando calquera das persoas que facemos posible esta miragre chamada camarinas.eu chega ao Arnela, é como si fixera a entrada na súa propia casa, un lugar onde si che ve mala cara, Gelinita virá a animarche ou a darche consello e sempre traerá nas mans ese reconstituyente máxico que son as súas exquisitas tapas, as cales co seu corazón de ouro proverbial, reparte a mans cheas entre os seus innumerables clientes polo bar adiante. Pasarán os anos, e camarinas.eu seguirá adiante ou non, pero polo menos que todo esto servira para facer unhas amistades que duren toda unha vida. Como a de Gelinita, a usuaria máis importante de camarinas.eu (máis que os propios redactores).
{multithumbs}
Comentarios
SIGUE ASÍ Q ES UNHA MODELO EN TODOS ASPECTOS....
BIKIÑOSS GELI
pos nada Moitos bikiños e asegir asi!!que eres un encantooo bikiñosss
Sempre fuches moi amable con nós cando pasamos polo mítico Arnela...unhas tapas que saben a gloria (as mellores da costa da morte), e un encanto natural que sempre reconforta a quen se achega ata o bar.
Por fín se lle fai xustiza a outra das damas míticas da web!!
Saúdos gelinita!!!
JUAN,GRACIAS POLO DETALLE DO OUTRO DÍA(HEINEKENS).
fdo: Laura
Alí cerquiña de Venecia,vive a miña filla Raquel,concreta mente en Pádova.
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.