- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 27 Agosto 2008 27 Agosto 2008
Unha tarde no Museo do Faro Vilán

Pois a verdade é que hoxe era un día medio derrotado, sen noticias, e antes que sacarnos da chistera un debate destes absurdos e destartalados que tanto proliferan agora por algúns sitios da rede, as nosas redactoras Adry e Lucía decidiron inventar unha reportaxe índose ata o Faro Vilán para darlle un repaso visual ao así chamado "Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítmas da Costa da Morte" (ahí queda eso). Así pois, ademáis de ter que aguantar as impertinencias dalgúns usuarios recién chegados que xa se pasan de listos, estas dúas heroínas do xornalismo amateur salvan, unha vez máis, o día da web máis vista da Costa da Morte (aínda que a veces parezca increíble).
As dúas raíñas do xornalismo amateur no Faro Vilán
Agora que estamos a piques de cumprir os tres meses dende que camarinas.eu dera en primorosa exclusiva a inauguración do novo Museo do Faro Vilán, o que provocara unhas pataletas e ximoteos tan desesperados e lacrimóxenos por parte dalgúns (aquelo sí que foron presións mediáticas) que nós ata chegamos a pensar que puxéramos ao descuberto por descuido os secretos militares da Patria, algo así como un proxecto de reactor nuclear atómico ultrasecreto militar hispano-mexicano nas inmediacións do Cabo Vilán, pois aos tres meses decíamos as nosas redactoras Adry e Lucía decidiron acercarse ata alí para facer a súa clásica reportaxe de investigación ben adobada de fotos artísticas das dúas. É o precio que hai que pagar.
A aquela inauguración do 31 de maio, camarinas.eu asistira da man dun restaurador de luxo da Vila dos Encaixes e colaborador asiduo desta web que preparou un ágape suculento dos que os políticos e os así chamados periodistas profesionais (independentes sempre) deron conta co rigor milimétrico que requería a ocasión. Dende aquel día trabamos amistade ca azafata que atendía ata moi recentemente o Museo: Carolina, unha simpática e fermosa rapaza do Ézaro, estudiante de Turismo, que agora desempeñará un novo posto no recién inaugurado Museo da Electricidade na súa vila natal e que seguro dende aquelas terras do Concello de Dumbría mirará con pracer esta reportaxe da súa páxina web preferida. Por outra banda, de público, como podedes observar nas imaxes: nin alma.
Comentarios
PASAMOLO PIPA NA REPORTAXE....
ARRASAMOSSS TOD@S
Como di Fabio non bale pamuito,pois non señores pamin non bale nada,eche unha pena unha pila de miles de euros 80.000 eu mais pa mirar catro latas en ferruxadas,seño res da orjanisasion por dios,sacarlle a ferruxa a esas lamparas..
O que non trae dúbida, é que o mellor da reportaxe son, coma de cote, as fotos das fermosas damas Camariñanas Adriana e Lucía...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.