Aquí temos unha imaxe histórica de cando Fernando González Laxe como presidente da Xunta visitou Camariñas en 1989 con motivo da campaña electoral das eleccións autonómicas que levaron a Manuel Fraga en volandas á Xunta de Galicia. Un día histórico no que a antiga Praza Maior da Vila das Palilleiras rexistrou un auténtico cheo ata a bandeira de socialistas camariñáns nun esforzo que finalmente se revelou como infructuoso. Na imaxe que ilustra a presente noticia pódese ver a un dos redactores de esta web abrazado a que era naquel entón Presidente da Xunta. Xa pasaron anos e o aspecto de Diego cambiou un pouco..., máis ben parécese ao tipo de barba que aparece na banda dereita. Como se pode observar, Diego era un seguidor acérrimo do Betis debido á súa ascendencia andaluza aínda que hoxe en día prefira ao Sevilla: un equipo realmente español. E dentro desta noticia: outro redactor de Camarinas.eu o mesmo día e no mesmo lugar. Predestinacións da historia.
Tío Diekt, ¿non che parese que camarinas.eu debería declarar o Sevilla F.C. equipo ofisial da página e sejir a súa andadura internasional por eses campos europeos?
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.