4.5405405405405 1 1 1 1 1 Rating 4.54 (37 Votes)

¿Que fai Diego Alonso Freire en Betanzos?

¿Quen é máis famoso? ¿Diego ou as súas omnipresentes gafas de sol?
¿Quen é máis famoso? ¿Diego ou as súas omnipresentes gafas de sol?

Eran as 12 e media da mañá do venres 18 de xullo cando, ao mesmo tempo que algún que outro rezagado que chegaba a tombos debido aos excesos da noite anterior, Diego Alonso Freire collía a improvisada unidade móbil (terrestre) de camarinas.eu para meter rumbo cara o descoñecido. Un lugar aínda sen explorar pola web líder da Costa Atlántica, un lugar hostil e inhóspito: Betanzos.

A unidade móbil terrestre desta web, quizás sonroxada pola bravura e potencia nuclear da unidade marítima de camarinas.eu, o Cirros, ruxía os seus lamentables 55 cabalos pola costa abaixo do Carrizal sen que ninguén se inmutara e foi na autopista onde o noso Director tivo que, ao estilo dos vellos westerns, mandar parar a este bólido cun autoritario "Shoooo!!". De todos modos quedou ben patente que temos unidades móbiles para rato... a ver o que duran. Xa en Betanzos o noso Director dirixíuse ao restaurante donde se casaba un veciño de Camariñas para sacar as pertinentes fotos nupciais, pero antes houbo tempo para achegarse ao Porto Fluvial da vila betanceira. Se queres ver unhas imaxes alí tomadas e un vídeo desolador dun camariñán morriñoso fora do seu pobo nunha das súas interpretacións máis inexpresivas, pulsa na foto.

 

 

Comentarios   

trintadousventos
+1 # trintadousventos 23/07/2008 09:26
Ti de meter de menos o nordes nada ... o que metes de medo son as tapas do arnela ca sua servisiña e aljuha que outra cremosura...jej eje a verdad e que non hai terra como a nosa.
Responder | Denunciar ante o administrador
luciernaga
+1 # diegoluciernaga 23/07/2008 12:02
¿Quen é máis famoso? ¿Diego ou as súas omnipresentes gafas de sol? eu creo que os dous...eh diego ti que dis...?
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
+1 # mantida 23/07/2008 15:00
tes rasón diego, ainda que haxa muito nordeste como a nosa terra ningunha.
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
+1 # Salaño 23/07/2008 16:58
Como Camariñas nada oh!!, xa cho dijo eu.Olvídate!!

Un saudo Diego!
Responder | Denunciar ante o administrador