- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 23 Agosto 2007 23 Agosto 2007
En Camarinas.eu queremos dar cada día un paso máis para ofrecer un servizo máis amplo a todos os camariñáns. Esta vez estrenamos unha nova sección chamada "Fotos Históricas" na que iremos publicando as fotos máis representativas da historia recente do Concello de Camariñas. Temos que estar convencidos de que o pasado pode axudarnos a mellorar o presente, por eso non podemos olvidar o que fomos para seguir mellorando. A primeira foto que publicamos é represantativa do mellor que saío do deporte en equipo dende Camariñas (con permiso do Club Balonmán Camariñas). Trátase do mítico equipo de finales dos anos 70 que formou o F.C. Camariñas. Esta foto tráenos reminiscencias dun fútbol auténtico, de un fútbol viril, de un fútbol de homes. Cando se xogaba con camisetas de tela, ter unhas botas de marca era un milagre, non existían sponsors e non había seguros para os xogadores lesionados, moitos deles xa daquela pais de familia. E sen embargo estos homes dábano todo: defendían o Honor de todo un Pobo. Auténticos titáns, héroes dun tempo xa ido. Un equipo mítico da Costa da Morte.
Formación do equipo da foto:
- Juan Ramón do London
- Manolo "Panadeiro"
- Suso "Bicho"
- Julio da Xaviñana
- Pereira
- Manuel Alonso "Pichurri"
- Juan de Penedo
- O Furoco
- Jamela
- Marcial Mouzo
- Fernando do Regino
Gracias polo nome de Fernado do Regino, Jenny!
Comentarios
O home que che falta e Fernando do Regino que esta vivindo actualmente aqui en Suiza...
Irman de Arturo, Victoria, Eugenio, etc...
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.