4 1 1 1 1 1 Rating 4.00 (1 Vote)
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI convoca un Obradoiro de Iniciacióná Informática. O Concello de Camariñas en colaboración co Dinamizador da Sociedade da Información , Óscar Clapés ,  abre a inscrición para o obradoiro de Iniciación á informática de 20 horas de duración, que se desenvolverá desde o día 28 de Agosto até o día 13 de Setembro na aula de informática da deputación no Centro de Iniciativas Empresariais(ao carón do centro de saúde de Camariñas) de 18:00 a 20:00 h da tarde. Para ver a nova enteira pilsa en "Ler máis.."

 Obradoiro de iniciación á informática en Camariñas


A iniciativa da  Rede de Dinamización da Sociedade da Información do PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información) é unha das estratexias fundamentais para o desenvolvemento das políticas de inclusión na S.I. e o desenvolvemento rural tendo como principal obxectivo o achegamento das novas tecnoloxías aos diferentes colectivos e sectores da poboación .

O Concello de Camariñas en colaboración co Dinamizador da Sociedade da Información , Óscar Clapés ,  abre a inscrición para o obradoiro de Iniciación á informática de 20 horas de duración, que se desenvolverá desde o día 28 de Agosto até o día 13 de Setembro na aula de informática da deputación no Centro de Iniciativas Empresariais(ao carón do centro de saúde de Camariñas) de 18:00 a 20:00 h da tarde .
O obradoiro é gratuito e pretende dar unha primeira achega ao que é un ordenador , ao xeito de xestionalo e o funcionamento do mesmo , así como tamén ás posibilidades e oportunidades de comunicación e información que a informática e maila internet brindan no mundo actual .

Calquera persoa interesada maior de 16 anos pode inscribirse até o día 28 de Agosto no CIE (Centro de iniciativas empresariais) de 10 a 14 horas , chamar ao número 981 73 65 06 ou no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

Engadir un comentario