Nos nosos paseos diarios de sobremesa por Reira e o Vilán poidemos avistar unha pequena mancha de fuel. A pesar de estar totalmente prohibido algúns barcos seguen a facer sentinazos frente ás nosas costas. Estes sentinazos non tardan en chegar a costa, como todo o que se tira ao mar.Ademáis de esta mancha de fuel que se pode ver ao pricipio do video (non moi nítidamente) que fixemos nesta reportaxe, os redactores desta noticia poidemos comprobar que os residuos que limpan uns operarios de non sabemos cal administración ou empresa deposítanse mesmo encima do camiño peatonal de Reira, cousa que molesta aos viandantes e da moi mal efecto á vista.Por se non fora pouco tamén poidemos ver aos xa veciños de Reira tomar o sol plácidamente a uns metros do mar na súa autocaravana. Estes "Veciños de Reira" levan aparcados neste precioso lugar un par de meses. Sabémolo porque pasamos todos os días por diante deles, e ademáis están sempre aparcados en zonas que se supoñe que están en rexeneración despois de que foran asoladas polos incendios do ano pasado. Unha pena.

Video do Vilán e Reira de hoxe á tarde. 

Engadir un comentario