4.8888888888889 1 1 1 1 1 Rating 4.89 (45 Votes)

María de Valiña, a comadrona de Camariñas durante tantos anos

Imaxe de María de Valiña co seu inseparable bastón que queda para o recordo
Imaxe de María de Valiña co seu inseparable bastón que queda para o recordo

A nosa querida usuaria Lusina, sempre atenta a rastrexar por arquivos perdidos xoias fotográficas que poder aportar a sección de camarinas.eu que resucita a memoria histórica da antiga e  milenaria Vila dos Encaixes, nesta ocasión tráenos unha imaxe que fai xusticia a unha muller que trouxo a este mundo a prácticamente tódolos camariñáns que a día de hoxe estan por encima dos 40 anos: María de Valiña, a que foi durante tantos anos a comadrona de Camariñas. Pulsa na imaxe se queres ler a noticia completa e ver dúas fotos a tamaño natural. 

María de Valiña, comadrona de Camariñas

A nosa querida usuaria Lusina, sempre atenta a rastrexar por arquivos perdidos xoias fotográficas que poder aportar a sección de camarinas.eu que resucita a memoria histórica da antiga e  milenaria Vila dos Encaixes, nesta ocasión tráenos unha imaxe que fai xusticia a unha muller que trouxo a este mundo a prácticamente tódolos camariñáns que a día de hoxe estan por encima dos 40 anos: María de Valiña, a que foi durante tantos anos a comadrona de Camariñas.

Esta foto en concreto foi atopada no inmenso e evocador arquivo fotográfico de Maria Elba Barcia, a cal custodia todo o legado bibliográfico que o seu pai, Manuel Barcia, o Argentino vello, home querido e respetado, aínda recordado a día de hoxe en Camariñas, acumulou durante tantos anos. Así, na parte posterior desta fotografía podemos ler: "Sra. María de Valiña, partera que atendió a mi madre de mis hermanos Luis y Juan, y a mi esposa Elbita en partos de nuestros hijos José Manuel, María Elba y Juanito". 
Hai xa máis de 40 anos, cando as familias humildes de Camariñas tiñan un nacemento no seu seno non acudían a modernos hospitais da Seguridade Social ou privados, dotados de tódolos adiantos tecnolóxicos, con aparatos da máis alta precisión e asistidos por personal médico cun alto grado de preparación e estudios, senón que o que facían era chamar a esta sinxela muller camariñana para que, ca súa experiencia e antigo saber, a través das súas mans expertas axudase a traer a este mundo dos nosos pecados outra criatura máis, outra boca que alimentar en aqueles tempos difíciles. A fin de contas o proceso que vai dende a creación dunha nova vida ata que esta xurde á luz, tampouco é tan compricado, ¿non?.
Despois, cando María de Valiña xa non estaba, o seu legado e sabiduría ancestral foi recollido por outra comadrona que viña do barrio de Corea, María de Marta, a cal seguío asistindo nos partos que tiñan lugar en Camariñas, ata que o signo dos novos tempos foi inclinándose polos hospitais, ben en Santiago de Compostela, ben na Coruña, ata que o moderno Hospital da Virxen da Xunqueira de Cee acabou engullindo prácticamente tódolos nacementos dos camariñáns que viñan ó mundo no novo milenio e convertíndose polo tanto no lugar natal dos novos veciños da antiga e milenaria Vila de Camariñas. Vivir para ver.
{multithumbs}

Image Image


 

Comentarios   

rubiasexy
0 # parteirarubiasexy 07/06/2008 12:12
si señor fui unha muller que quitou muitos fillos en camariñas felicidadss

emiña sogra des pos quito muitos tamen en camariñas pero nuito sin salir do pueblo ofinal si final lebabaos para coruña p sanatori modelo edes pos pos outros hopitales bueno sefa e os pedros
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 07/06/2008 19:48
señora maria de valiña e señora maria de marta, duas enfermeras de catejoría, además sin ter estudios de ningunha clase, estas si que son mulleres de catejoría, meresen un monumento.
Responder | Denunciar ante o administrador
jaime
0 # jaime 08/06/2008 11:59
Que merito tan grande ten esta muller , que xunto con Don Alfonso naqueles anos tan pobres e con aquelas infrastucturas que tiñamos no nos pobo, axudaron a traer a este mundo, centos e centos de camariñans entre os cales tamen me encontro eu.
¿non merecia esta muller unha calle deste pobo co seu nome?
Responder | Denunciar ante o administrador
JABA
0 # M.DE MARTA, A MILLOR PARTEIRA DO MUNDO MJABA 08/06/2008 13:12
Esta señora, o ijual ke miña veciña MARIA DE MARTA, foron, e son, MULLERES DE BANDEIRA.Kantos fillos pasaron polas suas mans e FASCINANTE,ABRA LLANTE,ADMIRABL E.....O ayuntaminto,tiñ a ke facer unha gran homenaxe a estas jrandes mulleres.(Ou si non,TI,Diejo,po dias faccerlle unha pekena reportaxe entrevista,das suas experiensias en vida a SEÑORA MARIA DE MARTA,os teus fieles usuarios agradeseriamosc hooooooooo)
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 08/06/2008 22:27
Esta muller,a cual conocin na miña niñez,que gardo recuerdos dela porque sempre viña pra miña casa,posiblemen te agora tería sobre 110 ou 115 anos,sempre me acordo dela porque nos contaba contos da Santa compaña,e nos, morríamos de medo e despois non lle queríamos ir os recados a miña nai e meu pai cabreábase con Sra mªpor votarnos medo,que tempos
Responder | Denunciar ante o administrador
Ruti
0 # Maria de MartaRuti 09/06/2008 13:58
Bueno yo no conocía a esta señora de la foto, una lástima seguro(por mi parte) si conozco a MARIA DE MARTA la mujer de Pirucho o Chiriví (que en paz esté) y decir que es una señora ya mayor pero que aunque hace mucho que no la veo por la plaza(razones de salud), la gente se para a hablar con ella. Es una señora que no le falta una sonrisa o anécdota de todo lo que pasó en Camariñas y tambien en su trabajo de Partera. Muchos la conocen por que fue ella quien les ayudó a nacer y tambien decir que como cocinera fue autentica y buena, muy buena, hasta hace poco mas de dos años, recuerdo que era la cocinera de los callos de Carnés. En fin no quiero decir nada, bueno sí que se le ve muy feliz cuando su nieta Iria, está a su lado, sólo eso. Por ultimo un saludo a su hija Anabel, que es la persona que la cuida, menos mal. Para ella Besos, que se los tiene merecidos.
Responder | Denunciar ante o administrador