4.76 1 1 1 1 1 Rating 4.76 (50 Votes)

Faro Vilán: Novos tempos, novas funcións

Un novo museo abrío as súas portas no día de hoxe en Camariñas
Un novo museo abrío as súas portas no día de hoxe en Camariñas

Camarinas.eu da hoxe sábado último día do lamentable e nefasto (climatolóxicamente falando) mes de maio de 2008 unha exclusiva, e é que mesmo antes de que tivera lugar a inauguración oficial do noso centenario Faro Vilán como "Centro de Interpretación dos naufraxios, faros e sinais marítmas da Costa da Morte" a web máis vista desta franxa atlántica xa estaba alí da man do restaurador líder da mesma que servirá un ágape aos invitados á  inauguración a partir das 6 da tarde. Pulsa na foto para ver unhas cantas fotos do novo museo do Faro Vilán.

Faro Vilán: Novos tempos, novas funcións

Así de coqurta quedou a nova recepción na entrada do Faro Vilán de Camariñas
Así de coqurta quedou a nova recepción na entrada do Faro Vilán de Camariñas

Nestes novos tempos debido aos grandes avances tecnolóxicos, sobre todo coa irrupción do GPS que dende un lonxano satélite espacial pode guiar o rumbo das nosas naves, as funcións dos faros quedaron en entredito. En moitas ocasións a luz salvadora dun faro xa non é necesaria. Por eso hai que encontrar novos cometidos que xustifiquen a supervivencia dos antigos faros, sobre todo ao Faro Vilán de Camariñas, posiblemente a octava maravilla do mundo a cal segue a ser buscada sen descanso dende a época dos romanos cando un día nefasto derrumbouse o Faro de Alexandría.

Así tódolos visitantes que se acerquen ao noso faro dende a tarde deste 31 de maio atoparán na ala esquerda da pranta baixa do mesmo un moderno museo adicado aos naufraxios, faros e sinais marítimas e que conta cun amplio catálogo das máis diversas pezas que levan facendo que os faros da Costa da Morte funcionen dende hai máis de 100 anos: bombillas antiquísimas, lámparas, motores, lupas microscópicas, fotos dos máis tráxicos naufraxios, ilustracións de faros míticos da historia da humanidade, etc. Todo elo acompañado de prolixas explicacións en carteis que explican punto por punto todo o necesario para comprender o fascinante e intrincado mundo dos fareiros. Por último tamén sinalar que se acondicionou a entrada do edificio do faro, que contará cunha coqueta recepción na cal recibiranos amablemente e sempre cun sorriso ben cremoso na cara unha fermosa rapaza do Ézaro. En fin, desde camarinas.eu esperamos que estes novos cometidos do noso faro sigan a facer do mesmo un imán de turistas que atraia ao noso concello esas visitas tan necesarias para o desenrolo económico de Camariñas. Estades todos invitados.



Comentarios   

duquesa
0 # duquesa 31/05/2008 14:35
Bueno esto si que esta ben polo menos haber si se anima a xente pa visitalo mais ainda.Moi bo reportaxe diego e compañia.
Responder | Denunciar ante o administrador
gelinita
0 # gelinita 31/05/2008 14:47
Mui ben Diego estas en todo.Enoraboa
Responder | Denunciar ante o administrador
fabio
0 # fabio 31/05/2008 15:00
BAI A BER QE IR LOJO ASTA O FARO PA BER COMO QEDOU.PERESE QE QEDOU MUI BEM,ALJEN SABE SI BAN A COBRAR ENTARDA POR ENTRAR ALI?
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
0 # Salaño 31/05/2008 15:57
Encántame a noticia...
Aínda recordo cando de moi pequeno, subín ata a cima do vilán, coa miña nai e a miña irmán (meu pai quedou abaixo).Foi na miña primeira visita a terra de Camariñas, e dende aquela, non pasou un ano sen que visitase o faro...e namoreime de Camariñas irremediablemente...

O vilán transmite forza, imperio, respeto e admiración. O Vilán é unha sensación que se esconde no ar...

O vilán non só se ve, se non que se sinte.
Responder | Denunciar ante o administrador
Espirillo
0 # Espirillo 31/05/2008 17:30
Xa era hora que o noso Faro Vilan tubera un museo,gracias Diego por achegarnos a todos sitios do pueblo sin mobernos da casa,jaja.
Responder | Denunciar ante o administrador
mantida
0 # mantida 01/06/2008 00:54
hau que visitalo, subin 3 veses as escaleiras, pero ahora que von vella non sei si serei capas de subilas. Vese todo muy ben colocado e muy curioso,.Alonso e Cris fixeron muy bo traballo.
Responder | Denunciar ante o administrador
santabaia
0 # Mas grandesantabaia 01/06/2008 19:08
Si Villano como decia un dia nuestro amigo bufardo era pequeño (con una imagen maravillosa)est o todavia lo hace mas grande.
Felicidades a todas las personas que han llevado a cabo esta iniciativa y a Diego por mostrarla con todo detalle y mimo.
Un saludo
Responder | Denunciar ante o administrador
lusina
0 # lusina 01/06/2008 21:40
Bueno,e unha forma de obrigarme a subir o faro que fai moito tenpo que non subo,polo menos hay algo que ver,e que ten que ser moi interesante
Responder | Denunciar ante o administrador
Ramon
0 # Museo de Cabo VilánRamon 04/06/2008 11:25
Estiven onte e a verdade é que está moi ben, pero poño en falla moitas máis pezas que de seguro ten o noso faro, nunha visita de cando eu era rapaz creo que vira moitísimas máis pezas, e debería habelas porque a historia do faro está chea de cambios tecnolóxicos. gustaríame saber porque non están expostas.
Responder | Denunciar ante o administrador
Farlopa
0 # faroFarlopa 06/06/2008 22:37
gracias diego por darnos o placer de ver as cousas q van cambiando no noso pueblo, pois desde aqui de suiza poñemos moito de menos " o pobo"
Responder | Denunciar ante o administrador