4.6862745098039 1 1 1 1 1 Rating 4.69 (51 Votes)
A TVG desprazose ata a Casa de Pedra para renderlle unha xusta homenaxe á Casmalla
A TVG desprazose ata a Casa de Pedra para renderlle unha xusta homenaxe á Casmalla

¿A palilleira de máis idade do mundo?

O arte do encaixe técese en moi diversas terras: Bélxica, Portugal, Francia, Bielorrusia, Bulgaria, Malta, a nosa querida Italia, etc.. pero vendo estas fotos do certame do 1º Edición Premio Teresa Rego adicado á palilleira en activo de máis idade da Costa da Morte, na redacción de camarinas.eu fixémonos a pregunta de si a palilleira máis vella do mundo é unha menuda muller que caseque tódolos días debaixo do quicio da súa porta na rúa Pizarro da antiga Vila dos Encaixes, aproveitando os raios de sol da mañá, adícase a aquelo que máis lle gusta dende que era unha pequena nena alá polos anos 20: palillar.

 

O citado día, que tivo lugar en xaneiro do ano 2007, a Casa de Pedra lucío as súas mellores galas enchéndose ata os topes para darlle esta merecida homenaxe á Palilleira máis antiga do Concello de Camariñas e por extensión de toda a Costa da Morte. Poidemos ver no evento a Teresa Rego González, propietaria dunha famosa e coñecida tenda de encaixe sita na Praza de Lugo na cidade da Coruña, patrocinadora e promotora desta gran iniciativa. Representando ao Concello de Camariñas acudía Sandra Insua Rial, Tenente de Alcalde e Concelleira de Cultura e Deportes. Alí tamén se puido ver á Directora Xeral da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. E por estar ata estivo unha unidade móvil da Televisión de Galicia para retransmitir en directo unhas imaxes do evento

 

A nosa querida veciña Casmalla acompañada polos seus parientes emocionouse especialmente ao longo de todo o acto que tivo como inmellorable mestre de ceremonias a outro camariñán que seguro se emocionou especialmente de ver como premiaban á veciña coa que vivío porta con porta durante tantos anos: Xosé Luís Blanco Campaña. Un violinista ruso profesional amenizou co seu arte o certame proporcionando un fondo musical inesquecible. Por iso nos non sabemos si Dona Casmalla é a palilleira máis vella do mundo pero en todo caso decidimos repescar estas fotos de arquivo e darlle a través da persoa da Casmalla a merecida homenaxe que merecían todas as nosas queridas palilleiras.

{multithumbs}

Comentarios   

mantida
+2 # RE: Casmalla: Unha palilleira en activo de Camarinas de 97 anosmantida 28/05/2008 18:53
nun sei cantos anos terá, creo que pasa dos 100, da justo vela, además que a vexo un pila de veses cando ven o super acompañada de sua sobriña, pero ela ten que levar o control de todo canto compra, e digna de admirar, e tame3n creo que palilla sin jafas, bueno señora casmaia, que dure uns cantos anos mais, donlle as miñas felisitasións.
Responder | Denunciar ante o administrador
Salaño
+1 # RE: Casmalla: Unha palilleira en activo de Camarinas de 97 anosSalaño 28/05/2008 21:20
As miñas felicitacións señora Casmaia...así me gusta, sempre o pé do cañón, e que siga así por moitos máis anos!!!
Responder | Denunciar ante o administrador
PIRUCA
+1 # RE: Casmalla: Unha palilleira en activo de Camarinas de 97 anosPIRUCA 28/05/2008 22:20
MOITAS FELICIDADES SEÑORA CASMALLA E QUE DURE MOITOS ANOS MÁIS ASÍ DE BEN.
Responder | Denunciar ante o administrador
manitas
+1 # RE: Casmalla: Unha palilleira en activo de Camarinas de 97 anosmanitas 29/05/2008 13:56
non a coñezo pero e de admirar unha cousa asi,felicidades .
Responder | Denunciar ante o administrador
ruliña
+1 # RE: Casmalla: Unha palilleira en activo de Camarinas de 97 anosruliña 29/05/2008 20:09
FELISIDADES señora casmalla.eu acordome ben de uste,cando iva a escola siempre a via si non estaba na horta estaba palillando cuidese
Responder | Denunciar ante o administrador
santabaia
+1 # FELICIDADESsantabaia 30/05/2008 21:54
SRA:CASMALLA.da gusto ver como unha persoa da sua idade segue dando o mellor de si no seu traballo.Todo un exemplo.
Moitas felicidades.
Responder | Denunciar ante o administrador