4.8461538461538 1 1 1 1 1 Rating 4.85 (26 Votes)

Día 1: Moi difícil levar o día con tranquilidade

Bueno amigos, este fui o meu primeiro día sen tabaco. O primeiro día que decidín deixar de fumar. Foi un día moi dificil e moi intranquilo. O mal humor e a ansiedade puderon conmigo e as malas caras foron consecutivas para todo o mundo pero espero ir superando todo esto pouco a pouco e ir acostumbrandome xa e dunha ves a unha vida máis saludable. 

Hoxe deixei de fumar, xa non sei cantas veces o intentei pero espero que esta sea a definitiva e non volva a meter os pulmóns pola boca cada ves que subo a costa do Areal para ir tomar un café ao Bar José Manuel.

Xa non me acordo cal fui a primeira vez que deixei de fumar, o caso é que eu estuvera uns aniños sen probar o tabaco ata que fai pouco, un ano máis ou menos volvín a caer como un parvo. Acórdome que estába co meu amigo Luis de Kecha tomando aljo os sábados e empezábamos a fumar un pitilliño de aqui, outro dalá.. como dous jilipollas, e claro, ao final pasou o que tiña que pasar: vinme enjanchado asta a cota e outra ves fumando unha cajetilla tódolos días (hai que ser ben parvo!!) Como disía Juan Camariñán "mereses un bo par de ostias mamalón"

O caso é que esta vez estón bastante mentalizado e irei metendo todas as miñas vivencias nesta etapa da miña vida e si vos apetece xuntarvos e entre todos axudarnos mutuamente a deixar de fumar sejuro que nos será máis facil entre todos. ¿Que vos parese? (¿que dis mantida? ¿anímaste a deixalo?) 

Ademáis de todo isto e de todas as gañas e voluntade que lle poño para deixar esta merda de visio quero decir que lle prometín a aljén mui especial que o iba a deixar. Esa persona tan especial é un anxeliño para min, e como todo o mundo sabe, non é bo engañar a ningún anxeliño, e a este non o engañarei nunca máis. 

Engadir un comentario