4.5555555555556 1 1 1 1 1 Rating 4.56 (18 Votes)

Os reporteiros de camarinas.eu non paran. Aproveitaron a tarde do Domingo para facer unha xira pola costa norte do noso Concello, visitando nunha viaxe de vagabundeo Camelle, Arou e Santa Mariña, para retornar ó fogar camariñán e ofrecervos esta crónica tinguida de melancólicas reflexións.

Precisamente foi a beleza de Santa Mariña a que fixo que a nosa expedición alí quedara varada. Deixando á marxe a espectacular mellora en servizos que experimentou este nucleo poblacional (polideportivo, ampliación do porto, vías de acceso, etc..), o que deixou especialmente abraiados aos redactores do principal diario on-line de Camariñas foi a forma en que se segue a desenvolver a vida neste recollido e coqueto porto chamado Santa Mariña: pausada, próspera, feliz, inmutable.

Inmutable, porque a pesares de atoparnos en pleno século XXI e desfrutar os santamariñáns de todos os avances técnicos que trouxo consigo o progreso, a vida séguese a desenvolver en Santa Mariña a través dunhas normas e principios que non cambian, eternos. Rapaces e rapazas que baixan pola costa ata o porto a axudar aos uns pais que practican a pesca deportiva, nenos que xogan ao fútbol no recén estreado polideportivo, adolescentes que descansan apaciblemente en pixama despois da troula do sábado noite sentados ás portas das súas casas, mulleres traballadoras, auténtico sostén da familia que esperan sempre atentas e preocupadas a volta dos seus homes do día de pesca. Esta era a forma en que se desenvolvía a vida en Santa Mariña o domingo 19 de Agosto de 2007. Sen modernidades valeiras, sen snobismos, sen prisas, sen agobios. Unha vida normal. A auténtica vida da Costa da Morte.

Comentarios   

toxo
+2 # PAZtoxo 14/02/2008 19:38
QUE LUGAR POR DIOS!!!!!!!!!!!!!
QUE GENTE!!!!
QUE PAISAJE!!!!
QUE TOUCIÑO TAN BO!!!!!!
QUE CHOURIZOS!!!!!!!
QUE PERCEBES!!!!!!
QUE PAZ QUE SE PERCIBE NO LUAR!!!
VIVA SANTA MARIÑA!!!!!
VIVA ANA!!!VIVA CHICOTE!!!VIVA HERMINDO!!!!VIV A ESTER!!!!VIVAN TODOS VOSTEDES DESDE O PRIMEIRO O ÚLTIMO!!!
Y GRACIAS,MUITAS GRACIAS!!!!!!!! !!!!!!
Responder | Denunciar ante o administrador