As caravanas de turistas inundan toda a paisaxe de Reira un verán máis. Como ven sendo unha constante ao longo de todo este verán (e de tódolos veráns anteriores) as caravanas e as acampadas ilegais de turistas, tanto nacionais como extranxeiros, son o pan noso de cada día en Reira. Temos que ter en conta que estas caravanas e tendas de campaña encóntranse en Reira, espazo natural protexido dentro da Rede Natura, e que despois dos tráxicos incendios que asolaron o noso Concello de Camariñas o verán pasado, a zona verde onde se encontran estacionados os devanditos vehículos está en fase de rexeneración, como mostran os carteis do Ministerio de Medio Ambiente que inundan toda Reira.

Sin ir máis lonxe, o Sábado 18 de Agosto, os redactores de camarinas.eu poideron detectar na Pedrosa unha acampada composta por seis tendas de campaña, acampada a todas luces ilegal.

Acampada ilegal na Pedrosa
Acampada ilegal na Pedrosa

Non podemos olvidar como hai tres ou catro anos, todo o monte da Pedrosa quedou totalmente asolado por culpa dun incendio que tivo a súa orixe nas chispas que saltaron dunha lumarea que os mochileros de turno prenderon no lugar inadecuado. Obviamente esta xente non pertencía ao noso concello. As consecuencias de esta irresponsable actuación aínda as estamos a pagar a día de hoxe todos os Camariñáns.
Non sabemos o que dirán sobre esto os defensores a ultranza (sempre desde Santiago, A Coruña ou dende 15 días de veraneo cada ano no noso concello) da conservación perpetua de Reira no estado no que se encontra e do mantemento das medievais vías de comunicación que ten este paraíso natural. Eles falan do impacto medio-ambiental. ¿Acaso esta cantidade inxente de caravanas e acampadas non provocan tamén impacto medio-ambiental? Porque, ¿onde van a parar os lixos que xenera esta xente? E os resultados das súas necesidades fisiolóxicas destas persoas ¿onde van a parar? ¿Cales son os froitos económicos para o pobo de Camariñas de este turismo de bocadillo e mochila?

Mochilero abona as caramiñas que comeremos o mes que ven

Mochilero abona as caramiñas que comeremos o mes que ven

Dende a redacción de camarinas.eu entendemos que ten que iniciarse un debate fecundo e plural no seo da sociedade de Camariñas, onde todos poidan aportar a súa opinión sobre a tipo de turismo que queremos ter.¿Non sería millor para o noso concello que todos estes caravaneros e mochileros pasaran polos nosos Restaurantes, Bares, Tendas, que dormiran nas nosas pensións ou que compraran ou alquilaran pisos no noso Concello de Camariñas? Despois de máis de vinte anos aturando este tipo de turismo de mochila e bocadillo, ¿cales foron os beneficios económicos para o noso Concello? Un turismo prácticamente inexplotado.

Para que hoteles? Millor durmir no mesmo paraiso

Para que hoteles? Millor durmir no mesmo paraiso

Camariñas conta con un Paraiso Natural: Reira. A clave estriba en saber explotar económicamente a nosa potencialidade turística ilimitada, co natural e evidente respeto ao medio ambiente que os Camariñáns sempre souberon ter. Reira é o auténtico santuario espiritual do Camariñán. Nadie dende fora (onde se toman realmente as decisións) nos vai a enseñar a amar Reira. De seguir as cousas coma ata o de agora, é dicir, un turismo de mochila e caravana, quen sabe o que nos deparará o futuro. Pero non sería nada extrano que dentro duns anos nos puideramos encontrar en Reira a imaxe seguinte:

¿Dentro duns anos en Reira?
¿Dentro duns anos en Reira?

Comentarios   

camariñán k.
+6 # RE: Turismo ilegal en Reiracamariñán k. 20/08/2007 11:22
¿Hasta cando xente que fala, ou ben castellano, ou ben ese "galego" artificial inventado en catro despachos oficiais de Santiago de Compostela, nos vai impedir unha explotación económica rasonable e respetuosa co medio ambiente dos nosos recursos naturales? Os señoritos progres de cidade queren ter "a súa finca" preparada para as dúas semanas que pasan aquí o ano, e dinnos que a carretera de Reira está ben como está (¡que nadie toque nada!)e os seus palanganeros locais miran polos intereses dos seus señores.¿Hasta cando esta situasión? Camariñán k. e un home mui cabreado.
Responder | Denunciar ante o administrador