- Escrito por Juan Camariñan Juan Camariñan
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 04 Mai 2008 04 Mai 2008
Para Zhukoski. Naqueles tempos donde non existian as televisións, e o unico medio pa enterarse do que pasaba polo mundo era a radio de lamparas de Marconi, tempos de reunions de amijos, de familiares ou de veciños, reunions ao lado da lareira e como protagonista a radio, situada nunha estantería con tapete de encaixe, presidia a reunion na que todos dirixian a vista copa en man cara ese invento a veces en tempos de jerra perseguido, a veces odiado por noticias ditas en el, e a veces admirado. Mil jritos e mil choros alrededor de aquel artefacto.
Un deses dias nos que o Madrid reinaba en Europa, reunironse na casa de meu abuelo varios amijos e veciños pa oir a final donde xojaba o Madrid de Di Estefano co Eintranch. Di Estefano subia polo carril dereito en clara ocasión de jol, e o locutor de turno transmitia asi : LA SAETA CORRE POR EL CARRIL DERECHO DEJANDO ATRÁS A MEDIOCENTROS Y CUANTO VALIENTE SE ATREBE A CRUZARSE EN SU CAMINO, CON UN REGATE SECO DEJA CLAVADO EN EL CESPED DEL ESTADIO DE GLASSGOW A SURUKOF EL QUE OSO QUITARLE EL CUERO QUE EL CONDUCE DIRECTO A LA PORTERIA DONDE ENCARA AL ARQUERO…, EL RUBIO LE MIRA A LOS OJOS Y… E xusto cando o locutor estaba a pundo de decir o que aquel majo do balon iba faser con el, salta da silla o Fideliño do Poseiro que era un sobriño de miña abuela e siempre viña as reunions radiofonicas a oir o toda clase de deportes, e jritando e braseando di:
– TIRA GENTO ... MARCALLO POLA ESCUADRA…. MARCALLE O JOL ...
Meu abuelo levantouse da silla, arremangoulle semejante ostia, e jritando mas que el dixolle: CALA HIJOPUTA QUE NON DEIXAS OIR NADA.
O Fideliño volvio a sentarse e nunca mais se oio falar mentras radiaban un partido, tampouco falaba nos combates de boxeo, pero o cabron fasia cada jancho e cada directo que nin o Evangelista nos seus tempos. Miña abuela miraba pa el e desia: – este parbo un dia vai faser unha averia -. E a pouco de desilo, cando un dia peleaba Urtai contra Clasusclai, meu tio Paulino levantouse pa darlle mais vos a radio e en ese preciso momento o Fideliño imitando a Urtai fixo un jancho de abaixo ariba que xusto fui parar as pelotas de meu tio Paulino, tal foi o dolor de meu tio que tubo que ajarrarse a estantería da radio, e esta con semejante peso caio ca consecuencia de que quedou a radio en seis cachos polo chan. O Fideliño inda ca postura do jancho mortal mirou pa todos radioyentes ali reunidos, mirou pa tio Paulino como se retorsia no chan cas mans nos collons, mirou pa radio en mil cachos, mirou pa meu abuelo , mirou pa porta…. e non mirou pa nadie mais, empesou a correr como alma en pena, e nunca mais o Fideliño se lle vio pola casa de meu abuelo.
A Fideliño non, pero a sua irman Felita si. Un dia denuite cando todos estaban oindo as noticias na radio nova que tubo que comprar meu abuelo, ven e con todo jarbo espetou: - dixo meu irman que forades rascar o carallo, que meu tio Braulio cheja mañan de Argentina e vainos traer unha radio mellor cavosa-. Meu abuelo mirou pa ela e dixo: - me cajo nas velas do puljatorio, eramos poucos e pario a abuela-. Meu abuelo desia as cousas como eran, non tiña pelos na lengua, cando Felita dixo aquelo revirouse e dou un paso cara a porta, volvio a mirar pa meu abuelo, e insistio: - ah ademas xa lle dixen por carta que truxera unha radio boa, na que cantara Antonio Molina, non como a merda que tendes vos que solo se oie futbol e boxeo -. Dito esto revirose outra ves e desta si marchou pola porta, ca cabesa levantada e braseando como un soldado xurando a bandeira, meu a buelo liou un pitillo e dixo: - desta quedades todos parbos -, doulle unha calada e prosejio: – a radio do argentinaso vai traer historia, acordadevos do que vos dijo -. Meu abuelo era un home mui respetado, e cando desia aljo ,todos amijos estaban pendiestes a ver si era verdad.
E tan verdad fui que a o pouco tempo enterémonos que o tio argentino de Felita, efectibamente truxo unha boa radio da terra do mate, e cando Felita ensendioa salia unha muller desindo as noticias. A probiña de Felita empesou a chorar e desia: - eu dixenche que truxeras unha radio que cantara Antonio Molina…e aquí sale unha hijadeputa falando -. O irman Fideliño empesouse a reir e ela ca rabia collio a radio e tiroua pola ventana, con tan mala suerte que caio enriba da pia das vacas rompendo en mil cachos. O Fideliño quedou ca boca aberta, e o tio argentino gritandolle desialle: - pero que ase boluda… esta uste tonta chamaquita -. E ela gritando mais dixolle: - e ti cala maricon, que falas como un maricon …
Xa desia meu abuelo ca radio do argentino traeria historia.
Salud.
Comentarios
Espero que sijas asi Juan camariñan!
escribes moi bonito eres eres o maximo da pajina!
bueno espero ber mas contos
Un saludo!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.